sábado, 19 de octubre de 2013

Na Gala dos 50 anos do Grupo Lito Seoane

Onte estiven no Auditorio de Ourense onde o grupo empresarial de perruqueria Lito Seoane celebrou unha gala na que recordaron 50 anos de traballo por medio de catro pases de modelos, cada un correspondente a unha década da vida deste grupo nado en 1963 e coa proxección dun vídeo, con imaxes de coleccións, desfiles e traballos de devandita década e introducida cun espectáculo musical.

A parte máis emotiva foi a homenaxe a Rosa María Gándara e Aurelio Sánchez Seoane, Lito.

Foi proxectado un vídeo conmemorativo no que varias persoas do mundo da perruqueria como os afamados Luís Llongueras, Luís Romero, etc; da moda como Roberto Verinno e doutros sectores felicitaron a Lito.

Parabens a Lito e a Rosa e noraboa a Lucki e familia que ofreceron a Ourense unha Gala espectacular.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta