En setembro, leve incremento do paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de setembro de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Medra o paro registrado en setembro en relación co mes anterior en 174 persoas, un 0,62 %.

O numero de parados queda en 28.174, deles 13.213 son homes e 14.931 mulleres, 26.301 son maiores de 25 anos e 1.843 menores.

Por sectores, 1.025 son da agricultura, 4.204 da industria, 4.063 da construción, 16.399 nos servizos e 2.453 do colectivo sen emprego anterior.


Galicia:

O paro rexistrado de Galicia medrou en 3.209 persoas con respecto a agosto (un 1,25 %). O numero de parados queda en 260.733, deles 124.779 son homes e 135.954 mulleres, 244.735 son maiores de 25 anos e 15.998 menores.

Por sectores, 7.596 son da agricultura, 36.919 da industria, 39.138 da construción, 155.425 nos servicios e 21.655 do colectivo sen emprego anterior.

Non se pode facer unha valoración positiva desta subida do paro, pero debemos ter en conta que setembro é un mes onde tradicionalmente se producen aumentos do desemprego en Galicia e o aumento rexistrado este ano, xunto co de 2012, son os máis baixos rexistrados desde 2008. O aumento vincúlase totalmente ao sector servizos ( máis de 4.946 persoas), xa que no resto de sectores o desemprego baixa.

En canto á evolución interanual, é a mellor dun mes de setembro desde 2007. A evolución interanual de Galicia no mes de setembro é do 0,52% (máis de 1.360 persoas).

Nos últimos seis meses, o paro rexistrado baixou en 30.454 persoas. Se tomamos como referencia a evolución do que vai do 2013, o descenso acumulado é de 18.054 persoas.

 España:

O paro medou en setembro en 25.572  persoas, un 0,54 %. Queda situado en 4.724.355 persoas. Deles 2.287.603  son homes e 2.436.752 son mulleres. 4.289.402 son maiores de 25 anos e 434.953 menores.

Por sectores, 181.076 son da agricultura, 512.299 da industria, 668.687 da construción, 2.981.662 nos servicios e 380.631 do colectivo sen emprego anterior.

Ainda que o dato é negativo, estamos diante do mellor comportamento do paro rexistrado nun mes de setembro desde o ano 2007 e mellora en 10.000 persoas a variación media dos meses de setembro de toda a serie histórica. En setembro de 2012 o desemprego subiu en 79.645 parados en relación co mes anterior.

No que levamos de ano, o paro rexistrado caeu en 124.368 persoas, o que supón o maior descenso acumulado desde o ano 2006. Así, a taxa de variación interanual reduciuse en case 11 puntos desde setembro de 2012 e xa se sitúa no 0,41%, o seu valor máis baixo desde o mes de xuño de 2007.

Entre os menores de 25 anos o paro diminúe nos últimos 12 meses en 31.830 persoas, o que supón un descenso do 6,9%.


Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
 Recibirá resposta. Grazas.

Con la tecnología de Blogger.