jueves, 3 de octubre de 2013

Comparecencias na Comision de Fomento dos altos cargos do Ministerio de Fomento

Desde as dez da mañá de hoxe recibimos na Comisión de Fomento do Congreso, as comparecencias dos altos cargos do Ministerio de Fomento para que informasen sobre os PGE para 2014.

Compareceu en primeiro lugar o secretario de Estado de Infraestructuras, Transporte e Vivenda, Rafael Catalá que afirmou que Fomento aposta por "maximizar o esforzo, maximizando os investimentos máis produtivos e eficientes.

Así, apostou por empregar o orzamento inversor con que contará para AVE (3.194 millóns de euros, un 3% menos que en 2013) e para construción de novas estradas (1.158 millóns, un 6% máis) paraa "completar e poñer en valor" os grandes eixes "que presentan un alto grado de execución. 

Entre estes proxectos citou o AVE a Galicia, comprometido para 2018, que contará con 1.077 millóns de euros, o Corredor Mediterráneo (1.005 millóns), o AVE á Cornisa Cantábrica (755 millóns) ou o AVE aExtremadura (199 millóns.

 Destacou que o orzamento para Galicia ten unha dotación importantísima de 1.295 millóns de euros por parte do Ministerio de Fomento, e que non se dedica só á alta velocidade. Ten 213 millóns de euros en estradas, 139 millóns de euros que inviste o concesionario das autopistas, o que hai que sumar porque en última é investimento. É un investimento que non executa o Estado directamente, pero si nunha infraestructura pública que está en réxime de concesión.

 Os aeroportos galegos terán 41 millóns de euros de investimento novo; nos portos nada menos que 148 millóns de euros. Polo tanto, dixo que “son partidas todas elas moi importantes que deberían ser tomadas en consideración, xunto coas que teñen que ver coa alta velocidade".

 Dixo que ao corredor noroeste de alta velocidade se lle asignan 1.077 millóns de euros, dos cales 195 son para o eixe atlántico para ir complementando e finalizando esta infraestructura; en segundo lugar, á alta velocidade entre Olmedo-Lubián-Orense e Vigo, con 876 millóns de euros, e en Orense-Lugo-A Coruña, que ten aínda 5 millóns de euros en proxectos. 

Catalá fixo unha mención a unha partida de especial relevancia como sempre é a seguridade no transporte ferroviario, e dixo que “ Sempre foi un elemento permanente na nosa política, na dotación presupuestaria o mantemento dos investimentos e todas as actuacións en materia de seguridade. Por iso imos establecer unha partida de 160 millóns de euros que permitirá continuar a implantación de ERTMS en diversas liñas por un montante de 50 millóns de euros -estamos pensando no novo eixe atlántico, nas proximidades de Barcelona e algunhas outras actuacións.

 Salientou que “despois do tráxico accidente de Angrois vai haber un antes e un despois na seguridade ferroviaria. Seguramente imos revisar todos os sistemas, os estándares, os procedementos, pero pódolle asegurar que nós, ademais de colaborar lógicamente coa instrución xudicial, coa investigación da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios e a Comisión científico-técnica do sistema ferroviario que constituímos no ministerio, a todos eles estámoslles dando todo o apoio de información, de colaboración, de comparecencias cando así son requiridas; xa compareceron neses tres ámbitos distintas persoas do Ministerio de Fomento. 

Estamos convencidos de que o día 24 de xullo, no tramo da curva da Grandeira, estaban instalados todos os sistemas de seguridade que a lexislación vigente esixe para un tramo desas características. Pódolle asegurar que nese convencimiento e nesa tranquilidade, si permíteme a expresión, estase traballando polo Ministerio de Fomento para cumprir o que nos recomendou a Comisión de Investigación de Accidentes, que é certo que recomendou que se puxese algún cartelón adicional ou algunha baliza de limitación do paso. 

Iso instalouse, pero como medida provisional e transitoria, e cumprimos estrictamente o que a Comisión de Investigación de Accidentes recomendou á Dirección Xeral de Ferrocarrís e a ADIF. Estaremos ao que resulte da análise e da auditoría que estamos levando a cabo do conxunto do sistema, pero insisto na transmisión da confianza de que o noso sistema ferroviario é un sistema seguro. O sistema ASFA é un sistema seguro, é o que está instalado en toda a nosa rede ferroviaria, e na maior parte dos sistemas europeos alí onde funciona o sistema de ERTMS é porque os requerimientos establéceno e, onde non, funciona o sistema ASFA con toda garantía e con toda seguridade"
 
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
  Recibirá resposta. Grazas.