Esta tarde participei en Madrid na Xornada sobre Autopistas do Mar (proxecto prioritario 21 da Comisión Europea) Train Mos, en colaboración co Parlamento Europeo.
No meu discurso dixen:
No meu discurso dixen:
"Agradezo a invitación que se me fai como Presidente da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados para participar nesta importante xornada sobre Autopistas do Mar, que se desenvolve na sé da Oficina do Parlamento Europeo en España.
Como moi saben Vdes., a nosa Comisión parlamentaria controla e impulsa a acción de Goberno en materia de transporte marítimo portos e redes de transporte. E por suposto son as Cortes quen lexislan nese ámbito e aproban os orzamentos que permiten desenvolver as actuacións planificadas.
Certamente no Congreso dos Deputados falamos máis de transporte terrestre (vía estrada e ferrocarril) e tamén de transporte aéreo, pero son consciente de que debemos prestar moita máis atención ás Autopistas do Mar - sistemas multimodais intelixentes de transporte, entre plataformas loxísticas, con tramos marítimos - xa que son parte da rede principal de transportes europea e constitúen a dimensión marítima das Redes Transeuropeas de Transporte.
Trátase pois, de activar as sinerxias que existen entre a estrada e o mar, dando lugar a novas opcións loxísticas das que se benefician os protagonistas do transporte (cargadores, transportistas terrestres, operadores loxísticos como os transitarios, as navieras e, ao final, os cidadáns europeos que perciben e gozan dun maior desconxestionamento na rede terrestre pola que transitan, e que se poden beneficiar tamén nos prezos finais dos bens de consumo dunha cadea loxística que optimiza os seus custos.
España ten unha posición xeográfica privilexiada e un sistema portuario moi potente, con todo aínda queda unha ampla marxe de mellora para alcanzar o grado de utilización óptimo de nosas infraestructuras portuarias, especialmente no que se refire ás conexións regulares de alta frecuencia co resto dos países europeos.
Os portos comerciais e a súa xestión, cunha crecente participación público privada, contémplanse integrados no sistema de transporte multimodal, onde as conexións cos medios de transporte terrestre, ffcc e estrada, a xestión electrónica de documentación administrativa e o portelo único así como os aspectos ambientais, están xerando novas oportunidades de negocio e de desenvolvemento profesional especializado.
Son coñecedor de que a entrada en vigor das novas políticas europeas de transporte, con toda probabilidade irán apoiadas con medidas que faciliten os créditos do Banco Europeo de Investimentos, e subvencións parciais da Comisión Europea, para aqueles proxectos de investimento acordes coas orientacións políticas do Parlamento Europeo.
Doutra banda, a próxima entrada en vigor no Mar Báltico e Mar do Norte do Anejo 6 de Marpol xa está xerando novas necesidades no ámbito da construción naval, fabricación de motores mariños, sistemas de aprovisionamiento en porto de combustible para buques.asociadas á utilización crecente dun novo tipo de combustible, o Gas Natural Licuado. Oportunidades que podería aproveitar o noso sector naval tan necesitado de carga de traballo.
O proxecto COSTA cofinanciado pola Unión Europea esperamos permitirá contemplar tamén os intereses dos países europeos do Sur.
O gas licuado, a presión atmosférica e arrefriado a -164ºC reduce en 600 veces o seu volume, e sendo o seu combustión case libre de contaminación e o seu prezo moi inferior ao dos derivados do petróleo fai prever o seu uso se vaia xeneralizando.
Os investimentos iniciais precisas tanto para modificar os sistemas de propulsión dos buques ou máis probablemente o seu uso en buques de nova construción, así como as instalacións requiridas para o fornezo de combustible serán obxecto de axudas europeas con toda probabilidade.
O sector marítimo portuario constitúe unha oportunidade para a xeración de riqueza e emprego en España e Portugal, que ademais poderían ser ponte de transmisión de ideas, conceptos e desenvolvementos asociados ás políticas europeas de transporte marítimo, a países do Norte de África e Iberoamericanos.
Valoro de modo moi positivo a acción formativa Trainmos coordinada pola Universidade Politécnica de Madrid, supón un importante recoñecemento á experiencia tecnolóxica Española no ámbito marítimo portuario.
Gustaríame manifestar que comparto o apoio do Goberno á Autopista do Mar de Vigo como se acredita ao dispoñer dunha partida na Lei de PGE de 2013 o que evidencia que é unha prioridade.
A Autopista do Mar, con cabeceira en Vigo, está deseñada para unha modalidade de transporte non acompañado, preferentemente semi-remolques e plataformas. E baséase en mellorar o servizo actualmente existente entre os portos de Vigo e Nantes e en engadir novas conexións que involucran aos portos de Algeciras e Lle Havre.
A adjudicación a Suardiaz por tres anos por parte de GEFCO dos servizos marítimos entre Vigo e Nantes senta as bases para a posta en marcha da Autopista do Mar. GEFCO como saben é o operador encargado da loxística asociada ao aprovisionamento de módulos e distribución de vehículos terminados da factoría de Peugeot Citroën de Vigo
Recordemos que o porto de Vigo ten unha posición privilexiada en relación aos principais corredores do transporte marítimo internacional e que no atópase unha das mellores Terminales Ro-Ro de Europa
Polo tanto o meu apoio ao impulso á posta en marcha da Autopista do Mar de Vigo-Nantes"
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es Recibirá resposta. Grazas.