Non
foi posible.
Os electores do Comité Olímpico Internacional, reunidos
onte en Bos Aires, decidiron que Tokio sexa a sé dos Xogos Olímpicos e
Paralímpicos de Verán de 2020. Unha gran cidade que xa foi sé duns Xogos en 1964
e á que procede felicitar.
Tras unha primeira rolda na que a capital de
Xapón obtiña o seu pase á seguinte e Madrid e Estambul empataban, procedeuse ao
desempate entre estas cidades candidatas.
Finalmente, a capital de España caeu
eliminada por 49-45. Estambul saíu ampliamente derrotada na segunda rolda ante o
empuxe nipón.
Sen dúbida a crise económica que vive o noso país, o
interese de varias cidades europeas por ser sé dos futuros Xogos de 2024 e a "regra consuetudinaria" da rotación de continentes influíron no voto do COI.
Madrid presentou unha candidatura sólida, segura e fiable como puxo
en evidencia o informe da Comisión de Avaliación do COI. Ademais contaba co
apoio de todas as forzas políticas e sociais e cunha base financeira razoable,
pois o 80% do investimento necesario xa existe e o pouco que aínda quedaba
estaba plenamente garantido polo Goberno de España.
En definitiva
tratábase dun proxecto con sentido, austero e eficiente e con amplísimo respaldo cidadán.
Así que logo de
traballar tanto, a non elección de Madrid, é unha gran decepción, que hai que
encaixar con espírito olímpico e deportivo.
Agradecer o traballo de toda
a delegación española, un equipo moi cohesionado, sólido e profesional, liderado
polo Príncipe de Asturias, que fixo unha inmellorable presentación.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.