Recoñecemento a promoción de emprego de Galega de Economía Social


Esta mañá recibimos no Congreso a visita dunha delegación da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade Física COGAMI, encabezada polo seu presidente Anxo Queiruga Vila.

Xustamente hoxe pola tarde, esta organización vai recibir o Premio INTEGRA BBVA, que este ano celebra a súa quinta edición, concedido á iniciativa de Galega de Economía Social, que pertence a COGAMI, que ten como misión a creación de traballo de calidade para persoas con discapacidade, co fin de conseguir a súa total integración na sociedade. 

Na actualidade, este grupo conta cun total de 476 traballadores, dos cales o 92% son persoas con discapacidad. Deles, un 80% son persoas con discapacidade física, un 12% intelectual e un 8% con discapacidade sensorial.

Galega de Economía Social, que na actualidade emprega a 437 persoas con discapacidade, ofrece unha ampla carteira de servizos asociados a distintos sectores de actividade: ambiental, agroalimentario, gráfico, textil, TIC e servizos de distribución.

O Premio INTEGRA BBVA entregouse por primeira vez en 2009 e é unha iniciativa posta en marcha por BBVA para recoñecer o labor daquelas organizacións sen ánimo de lucro ou emprendedores autónomos que desenvolven proxectos de integración laboral de persoas con discapacidade e impulsan o desenvolvemento de iniciativas e boas prácticas neste ámbito de actuación. Galega de Economía Social convértese no quinto ganador deste premio, dotado con 200.000 euros.

Noraboa a Galega de Economía Social (GES) e a COGAMI, por este recoñecemento ao seu labor de promoción do emprego en todo o territorio galego sen perder o seu obxectivo social, cunha clara vocación á intermediación laboral das persoas con discapacidade física en Galicia conseguindo que en 2012 máis 1.300 persoas con discapacidade accedesen á empresa ordinaria e 330 persoas a CEE de Galega de Economía Social e outros CEE de Galicia.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
 Recibirá resposta. Grazas
Con la tecnología de Blogger.