Debate do proxecto de leí garantía de unidade de mercado

Hoxe trala intervención do ministro de economía e competitividade, Luis de Guindos, debatéronse as enmendas de devolución presentadas ao proxecto de lei de garantía da unidade de mercado polo Grupo Socialista; CiU; IU, ICV-EUiA, CHA; PNV, UPyD, e catro formacións do Grupo Mixto (Amaiur, CC, BNG e ERC), que se votaron en bloque e quedaron rexeitadas con 143 votos a favor e 173 en contra.

A petición do Grupo Socialista de elevar este proxecto a Pleno quedou aprobada por asentimiento co que o dictame que elabore a Comisión de Economía e Facenda será debatido de novo en Pleno antes de ser remitido ao Senado para continuar a sua tramitación.


Esta Lei pretende acabar coa fragmentación do mercado en España para facilitar a actividade diaria das empresas, eliminando as barreiras que actualmente obstaculizan a actividade económica e a competitividade.

- As empresas poderán operar en toda España cunha licenza.

- Bastará con que as empresas cumpran coas leis da comunidade onde estean establecidas xurídicamente.

É un instrumento crave para o necesario cambio de modelo económico cara á competitividade, e baséase nunha maior coordinación entre administracións.

- A reforma baséase no principio de confianza mutua entre administracións.

- Refórzase a sua coordinación para que apliquen normas que favorezan a actividade empresarial, de xeito máis eficaz e barata.

Estímase que aportará 15.000 millóns de euros en 10 anos: tradúcese nun aumento do PIB do 1,5% neste periodo. 

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.