Becas e axudas ao estudo: garantía de igualdade de oportunidades e incentivo da cultura do esforzo


Hoxe tivo lugar na comisión de Educación no Congreso a comparecencia do ministro de Educación, Cultura e Deporte, José Ignacio Wert.

A posición do Grupo Popular foi defendida pola portavoz de Universidades, a salmantina María Jesús Moro, que asegurou que "o sistema de becas foi a prioridade no Ministerio de Educación"

Resaltou que "o esforzo presupuestario en becas é elevadísimo, xa que o 74,12 por cento "do orzamento total da Secretaría de Estado de Educación destínase a becas".

Neste sentido, destacou que " a pesar do contexto de recesión económica no que vivimos, as partidas presupuestarias en relación ás becas foron idénticas en 2011, 2012 e 2013".

Ademais, valorou "moi positivamente o incremento, anunciado hoxe polo titular de Educación, de ata 1.417,54 millóns de euros na cuantía de becas e axudas ao estudo que se implementarán nos Orzamentos Xerais para o ano que vén, o que supón un 20 por cento máis da cifra actual"

Por iso, a deputada do GPP afirmou que "son falsas as acusacións do PSOE cando din que se produciu unha disminución nas dotacións para as becas xerais e cando apuntan que as novidades na reglamentación do sistema determinan un cambio dos orzamentos económicos prexudicando así ás rendas máis baixas"

"Esta táctica levada a cabo por varios grupos da oposición débese - sinalou- a que a algúns lles interesa máis o ruído que as noces". Trátase, segundo explicou Mouro, dun xogo parlamentario que practica a oposición que o que busca é "trasladar desasosego e confusión aos cidadáns"

Por este motivo, recomendou aos socialistas que "non sigan coa demagóxica campaña de alarmismo e compulsión ás masas para quentar si ou si o próximo outono, aínda que para iso haxa que distorsionar os datos ata prescindir deles e substituílos por capricho".

"Aqueles que estes días han ter a osadía e irresponsabilidade de referirse á actual política de becas como arma de destrución masiva, deberían reflexionar detidamente porque por moi enxeñosa que pareza unha frase nin sequera en política vale todo", engadiu.

Así mesmo, a portavoz do GPP explicou que "o novo sistema para a concesión de becas, referendado polo dictame do Consello de Estado nesta materia, proporciona á arquitectura do sistema a adaptación anual dos dous alicerces básicos para obter becas e axudas ao estudo: a garantía de igualdade de oportunidades e o incentivo da cultura do esforzo".

Ademais destes principios, Moro remarcou que "o novo sistema de becas persegue a sustentabilidade do sistema, tan esencial para seguir garantindo a igualdade de oportunidades no acceso ao estudo nas etapas postobligatorias".

En opinión da deputada popular, "a sociedade, hoxe, é máis sensible ante a ineficiencia na xestión de fondos públicos e demanda solidariedade e non arbitrariedade no uso do diñeiro de todos", polo que pediu "non demonizar as formulacións, que recolle o Real Decreto, de corresponsabilidade dos beneficiarios de becas coa sociedade que proporciona os recursos"

Doutra banda, criticou a política de becas levada a cabo polo anterior Executivo socialista que "durante anos suavizaron, ata case desaparecer, os requisitos académicos". "Unha decisión que non serviu para que máis estudantes completen as súas etapas formativas, para que cheguen máis aos niveis da educación superior", remarcou.

"Un sistema de becas e axudas públicas, ha de ir dirixido a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á educación, pero non a garantir cobertura indefinida para permanecer nos estudos a todo aquel que se matricula, senón ao que leva a cabo a tarefa e esfórzase razonablemente", finalizou.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.