Hoxe estóu no no Congreso dos Deputados, comezando a actividade parlamentaria, pois mañá martes dende as 16 horas, participarei na reunión da Deputación Permanente na que abordaremos unha ampla orde do día:
En concreto diversas peticións de Grupos Parlamentarias, instando a celebración de sesións extraordinarias de Comisións e do Pleno, para falar entre outros de diversos temas: O conxunto de medidas que van integrar a reforma eléctrica; a situación económica e financeira do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB); o presunto financiamento ilegal do Partido Popular; o conflito de Xibraltar; o indulto dun cidadán español en Marrocos; as medidas que se están a adoptar para atender a chegada masiva de inmigrantes ás costas españolas en augas do Estreito de Xibraltar; sobre as medidas adoptadas para facer fronte á escalada de roubos no campo español producida durante o verán; sobre as consecuencias do desbocado incremento da débeda pública; sobre a deterioración da valoración cidadá en 2012 en relación coa sanidade pública; sobre as medidas que se van tomar unha vez que o Xulgado de instrución Nº3 de Santiago de Compostela acordou no seu auto de data 20 de agosto a imputación de responsables de ADIF na seguridade ferroviaria no tramo da vía Ourense-Santiago e sobre a posición do Goberno e da Unión Europea en relación coa situación en Siria.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas