En xullo, novo descenso do paro rexistrado

O Servizo Público de Emprego Estatal divulga hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2013.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro registrado en xuño en relación co mes anterior en 1.235 persoas, un descenso do 4,16 %.

O número de parados queda en 28.439, deles 13.747 son homes e 14.692 mulleres, 26.498 son maiores de 25 anos e 1.941 menores.

Por sectores, 1.138 son da agricultura, 4.339 da industria, 4.299 da construción, 16.130 nos servicios e 2.533 do colectivo sen emprego anterior.

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en 12.332 persoas con respecto a xuño (un – 4,51 %). O numero de parados queda en 261.102, deles 127.476 son homes e 133.626 mulleres, 243.938 son maiores de 25 anos e 17.164 menores.

Por sectores, 8.242 son da agricultura, 37.384 da industria, 41.303 da construción, 144.254 nos servicios e 22.924 do colectivo sen emprego anterior. 

As cifras do paro volven a baixar por quinto mes consecutivo.

Por comunidades, a baixada intermensual de Galicia é a segunda maior tanto en termos absolutos como relativos.

En proporción, o comportamento do paro en Galicia é máis positivo que o do conxunto do Estado, onde se rexistrou un descenso de 64.866 persoas desempregadas menos, o que representa unha baixada do 1,36%.

 Así, unha de cada catro persoas que atoparon emprego en España no mes de xullo fíxoo en Galicia.

É a primeira vez que se encadean cinco meses consecutivos de retrocesos nas cifras do paro desde 2007.

 A evolución dos datos amosa que podemos estar ante un cambio na tendencia alcista do paro, froito de aplicar as receitas económicas axeitadas.

 España:

O paro baixou en xullo en 64.866 persoas, un – 1,36 %. Queda situado en 4.698.814 persoas. Deles 2.287.664 son homes e 2.411.150 son mulleres. 4.283.252 son maiores de 25 anos e 415.562 menores.

Por sectores, 197.469 son da agricultura, 515.844 da industria, 688.296 da construción, 2.918.934 nos servicios e 378.271 do colectivo sen emprego anterior.


 
Fonte: Servizo Público de Empleo Estatal.


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas

Con la tecnología de Blogger.