jueves, 25 de julio de 2013

Traxedia ferroviaria en Santiago

Onte pola noite na Praza do Obradoiro recibín as primeiras noticias do accidente ferroviario dun tren Alvia nos arredores de Santiago. 

Ás sete da mañá de hoxe acudin a Angrois, no lugar do desacarrilamento, onde con enormes guindastres afanábanse en retirar os vagones, para seguir na procura de novos corpos de pasaxeiros. 

Alí estaban os operarios de Adif, de Renfe, os bombeiros, protección civil e por suposto os Xuíces, forenses e membros da policía xudicial, etc.

Despois despráceime ao multiusos Fontes do Sar, onde 78 cadáveres esperaban a autopsia e a súa identificación. Unha imaxe desoladora.

E finalmente estiven no chamado edificio "Cersia" onde puiden constatar a angustia e desesperación dos familiares. Alí un equipo de psicólogos atendíalles.

Despois participei ña misa da Catedral, que o arcebispo ofreceu aos falecidos, aos feridos e aos seus familiares. 


Logo diante do Pazo de Raxoi, sendo as doce horas, gardamos un minuto de silencio.

E logo con outros compañeiros deputados estivemos no edificio Cersia.


A esta hora as noticias falan de que polo menos hai 80 mortos, entre eles un bebé de dous anos. Tamén noventa e catro feridos continuaban ingresados en distintos hospitais deles 35 delas (4 nenos e 31 adultos) en estado crítico.