sábado, 6 de julio de 2013

Adif continúa traballando na conexión de alta velocidade a Galicia


O pasado venres o diario local de Ourense informaba sobre o que denominaba"a forte ralentización que sufriron tramos das obras de alta velocidade na provincia " e de que "fixo disparar as alarmas entre traballadores e empresas do sector, que viron como nas últimas semanas caeu drásticamente a actividade e advirten dun próximo parón de obras"

Ilustraba a noticia coa foto dun obreiro tapiando un túnel do subtramo entre Porto e Miamán, da liña de alta velocidade. 

Aludían a que os maiores problemas estanse dando entre Taboadela e Vilar de Barrio, dividido en tres subtramos (Taboadela-Ponte Ambía, Ponte Ambía-Miamán e Miamán-Porto). Traxecto, de 22 quilómetros, que iniciouse entre finais de 2010 e principios de 2011, e, segundo os prazos estipulados nos contratos, debería estar terminado a finais de 2013"   

Constata a noticia que, "as obras están xa moi avanzadas (segundo estimacións de empresarios que traballan na zona, o grado de execución oscila entre o 70% e o 90%) e que de manterse o ritmo, poderían concluír a final de ano. No entanto, nos últimos meses -e en particular en xuño- sufriron un forte parón. Di que hai menos obreiros que realizan só labores de mantemento e que se están tapiando os túneis para evitar intrusos, en previsión de que as obras estean paradas durante varios meses. 

Tamén na sua informacion, o periodico di que empresarios consultados aluden a atrasos de pago nos últimos meses, que se agravaron. 

Onte mesmo pola tarde o Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (Adif) en resposta á citada información publicada pola Rexión, emitiu un comunicado que literalmente dicía:

" Adif continúa traballando na conexión de alta velocidade Madrid-Galicia para cumprir os prazos previstos, aplicándose unha programación dos traballos que prioriza a execución daquelas obras que se atopan nunha fase menos avanzada, co obxectivo de equilibrar o grado de desenvolvemento de todos os tramos.

A finalidade desta planificación é que os tramos considerados máis críticos para o cumprimento de prazos avancen adecuadamente para permitir a entrada en servizo da conexión Madrid-Galicia en 2018.

Trátase, en definitiva, de utilizar os recursos de xeito eficiente, en función das disponibilidades presupostarias, sen comprometer os prazos de chegada.

Dentro deste programa de priorización de actuacións, nestes momentos estase traballando a pleno rendemento tanto en todos os túneis  situados entre Lubián e Porto, como na plataforma ao descuberto na zona da Gudiña.

O peche  provisional dalgúns dos túneles soamente ten por obxecto garantir a seguridade e a súa óptima conservación ata que sexa necesario proceder ao resto de actuacións, tales como a montaxe de vía e a sinalización.

Ademais o xornal dá conta de que Adif negaba un incumprimento dos pagos e dicia 'Pode haber máis ou menos atraso en función da disponibilidade presupostaria ou por cuestións puntuais debidas a circunstancias alleas a nós', sinalaban, insistindo en que 'non hai incumprimento"

E sobre a ralentización da vía esquerda entre Vilar de Barrio e Lubián, desde Adif insistían en negar a valided dun informe que propuña construír vía única no tramo (e pospón a execución da segunda vía), aínda que recordaron que se está realizando un cambio de método constructivo que si 'prioriza unha vía sobre a outra', pero que non se extraia equivocadamente' a conclusión de que se vai a executar unha vía. 'O proxecto segue exactamente igual', concluíron.

Onte o xornal local pedíame unha valoración sobre o tema ao que respondín que consideraba convincentes as explicacións de Adif e que comprendía que 'hai que racionalizar os recursos en función da disponibilidade presupostaria' para 'dar avance nas zonas onde se require máis obra'.

Sobre as voces que apuntan a un cambio de proxecto para construír vía única, indiquei que 'o Ministerio non cambiou a sua programación sobre o previsto' e que non me consta que vaia a haber cambios'. 

O certo é que a situación financeira de ADIF herdada de oito anos de gobernos socialistas é complicada, motivada nada menos que por ter 14.600 millóns de débeda. 

E esta brutal débeda, que o goberno do PP ten que pagar esta lastrando os investimentos e dificulta enormemente o financiamento e condiciona a execución das obras. 

Toca poñer orde onde había unha desorde case absoluta, é época de realismo e de utilizar os recursos de xeito eficiente, en función das limitadas disponibilidades presupostarias.

É un feito obxectivo que a construción das novas vías do AVE a Galicia avanzan e que existe unha clara vontade desde o Ministerio de Ana Pastor en traballar para lograr o obxectivo de conexión en 2018, e a proba máis evidente son as críticas que desde outros territorios fanse aos investimentos na nosa Comunidade, e que nós rexeitamos contundentemente.

Avanzamos, con dificultades, pero avanzamos, e desde logo eu seguiréi traballando na ansiada procura da conexión por alta velocidade coa Meseta.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas