Nova conexión ferroviaria Vigo-Porto co tren automotor "Celta"

Hoxe tiven o honor de participar na viaxe inaugural do tren automotor modelo 492,  nomeado “Celta” entre Vigo e Porto, que presidiu a ministra de Fomento Ana Pastor e o ministro de Economía portugués, Alvaro Santos Pereira.

Conecta ambas capitais de forma directa, con dúas frecuencias diarias en pouco máis de dúas horas e acurtará o tempo de viaxe que se emprega na actualidade, que rolda as tres horas e cuarto, coa previsión de reducirse ata a hora e media nun futuro. 

Grazas a un acordo de colaboración entre ambas compañías, Renfe e CP (Comboios de Portugal), contémplase por primeira vez a creación dun billete único  que permitirá a viaxe directa en tren, sen paradas, entre ambas cidades.

O tren directo partirá de momento de Vigo ás  9.02 e 10.17 e a volta desde Porto farase ás 8.15 e 19.15 horas.

O prezo será de 14,75 euros, con descontos para nenos, novos e maiores de 60 anos, e poderá adquirirse tanto a través da web de Renfe e das súas canles habituais de venda de Renfe como en 26 das estacións de CP. 

Con obxecto de seguir garantindo a movilidade das poboacións de Redondela, Ou Porriño e Tui, Renfe ofertará dous servizos de proximidade diarios en cada sentido, nos que ademais se incluirá a poboación de Guillarrei, e facilitarase a conexión cos servizos rexionais de Portugal, desde a poboación de Valença.

Ademais, está previsto que o goberno portugués, a través de Refer invista 110 millóns para modernizar a conexión ferroviaria. Esta medida permitirá facer obras de electrificación da liña duns 150 quilómetros, ademais de adquirir novos vagones no 2015.

Celebro moito a posta en servizo deste novo tren directo, e felicito aos Gobernos de España e Portugal, que cumpren así cunha das conclusións alcanzadas no III Foro Parlamentario Hispano-Portugués, que celebrou en Madrid o 7 de maio pasado e que van na liña de seguir traballando na modernización da conexión ferroviaria Porto-Vigo e a movilidad da Eurorexión.

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/07/02/tren-directo-vigo-oporto-acorta/838656.html

http://www.atlantico.net/noticia/246865/directo/conecta/desde/oporto/horas/

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/07/01/empieza-funcionar-tren-directo-vigo-oporto/0003_2013071372664303339211.htm

http://www.jn.pt/paginainicial/interior.aspx?content_id=3299294

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas
 
Con la tecnología de Blogger.