Na Feira do Viño de Valdeorras

Hoxe estiven na Rua de Valdeorras, onde  o secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, presidiu a  inauguración da XVI Feira do Viño de Valdeorras.

 No seu discurso lembrou que se incrementaron nun 50% as achegas públicas para internacionalizar o viño, ata acadar a cifra de 1,5 millóns de euros contribuíndo, desde a Administración, a fixar o seu posicionamento internacional.

Tamén apuntou que neste exercicio se triplicou o investimento no sector vitivinícola galego, ata acadar os 3,5 millóns, en aras de estruturar a produción, promover a profesionalización e facelo máis competitivo nos mercados foráneos.

Resaltou que  no caso de Valdeorras, as exportacións medraron nun 120% nos últimos 5 anos, o que contribúe a favorecer este comercio en auxe.

http://www.dovaldeorras.tv/Inicio.php?Idioma=Gal

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/07/13/tormenta-retraso-hora-media-reapertura-feira-do-vino-valdeorras/00031373740174137788766.htm

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/07/14/xvi-feira-do-vino-valdeorras/845489.html

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas

Con la tecnología de Blogger.