Nova liña de AVE entre Madrid e Alacant


Hoxe participei na viaxe inaugural da nova conexión de alta velocidade entre Albacete, Villena e Alacant. Acontecemento que presidiu a sua Alteza Real o Príncipe de Asturias, acompañado polo presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e os ministros de Fomento e Exteriores, Ana Pastor e José Manuel García-Margallo.

Tamén asistiron os presidentes de Castela-A Mancha e da Comunidade Valenciana, Mª Dores de Cospedal e Alberto Fabra.

Esta conexión, forma parte da Liña de Alta Velocidade Madrid-Castela A Mancha Comunidade Valencina-Rexión de Murcia e supuxo un investimento de 1.920 millóns de euros. 

A nova infraestructura, de 165 quilómetros de lonxitude, permitirá reducir os actuais tempos de viaxe entre Madrid e Alacant en 50 minutos inicialmente, deixándoos establecidos en dúas horas e vinte minutos, aínda que progresivamente irán diminuíndo ata alcanzar as dúas horas e cinco minutos cando a infraestructura e os sistemas instalados tanto na superestructura como a bordo efectúen a súa rodaxe e asentamento. Convértese así no eixo central das futuras conexións de alta velocidade do centro co sureste peninsular.

Deste xeito, a progresiva entrada en servizo do ERTMS nivel 2, facilitará a elevación paulatina da velocidade do sistema ata os 300 km/h nos tramos en que sexa posible en función da infraestructura e o material rodante, o que á súa vez favorecerá a posterior redución dos tempos de viaxe.

De igual forma, a posta en marcha do mencionado tramo de alta velocidade non só vai achegar Alacant e Madrid, senón que beneficiará tamén a outros destinos transversais do norte da península, como son Santander, Xixón e Galicia, mellorando os tempos dos servizos existentes actualmente.

Madrid-Alacant: 18 servizos de alta velocidade diarios:

Renfe estrea esta conexión con 18 servizos diarios de alta velocidade (nove por sentido) e catro máis de reforzo os fins de semana e datas con puntas de movilidad. O AVE conectará Alacant e Madrid con paradas en Cuenca, Albacete e Villena. Os trens Alvia permitirán ademais conexións directas e diarias con Xixón e Santander.

O servizo de fin de semana e de datas punta reforzarase cunha conexión directa con Galicia, con orixe en Galicia os sábados e volta desde Alacant os domingos e un AVE máis de reforzo entre Madrid e Alacant con saída da capital os venres pola tarde e volta de Alacant os domingos pola noite.

Financiamento europeo:

A construción do traxecto de alta velocidade Albacete-Alacant foi cofinanciada pola UE cun total de 231,8 millóns de euros. No periodo 2000-2006, as axudas ascenderon a 124,5 millóns de euros e no periodo 2007-2013 a 107,3 millóns de euros.

O total de axudas europeas recibidas pola Liña de Alta Velocidade Madrid-Castela A Mancha -Comunidade Valenciana-Rexión de Murcia é de 1.955,5 millóns de euros, 1.299,1 millóns de euros de Fondo de Cohesión 603,8 do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e 52,6 millóns de euros das Axudas RTE-T (Redes Transeuropeas de Transporte).

O Banco Europeo de Investimentos (BEI) participa tamén no financiamento desta liña de alta velocidade.

Coa extensión da alta velocidade a Alacant elévase xa a 31 o número de estacións conectadas directamente á rede de alta velocidade española, distribuídas en 21 provincias que concentran aproximadamente ao 60,3% da poboación total española.

Así, na rede de alta velocidade intégranse actualmente as seguintes estacións: A Coruña, Albacete Os Llanos, Alacante, Antequera-Santa Ana, Barcelona-Sants, Calatayud, Cidade Real, Córdoba Central, Cuenca Fernando Zóbel, Figueres-Vilafant, Girona, Guadalajara Yebes, Huesca, Lleida Pirineus, Madrid (Porta de Atocha e Chamartín), Málaga María Zambrano, Ourense, Ponte Genil-Herrera, Puertollano, Requena-Utiel, Santiago de Compostela, Segovia Guiomar, Sevilla Santa Xusta, Tardienta, Camp de Tarragona, Toledo, Valencia Joaquín Sorolla, Valladolid Campo Grande, Villena e Zaragoza Delicias.

Parabens  aos alacantinos que van gozar dunhas infraestructuras ferroviarias de primeira orde, que lle abrirán novas oportunidades para o seu desenvolvemento económico.

https://www.youtube.com/watch?v=55tfIaqZ6JE

http://www.antena3.com/noticias/economia/principe-asturias-mariano-rajoy-inauguran-ave-madridalicante_2013061700006.html

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.


Con la tecnología de Blogger.