miércoles, 19 de junio de 2013

Proposta de Reforma das Administracións Públicas

Hoxe o presidente Mariano Rajoy, presentou o informe da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas, sinalando que os eixes da transformación son a redución de gastos, a simplificación de trámites e a mellora da xestión.

Trátase do informe da Comisión para a Reforma das Administracións Públicas (CORA), que contempla 217 medidas que, segundo o presidente, son definidas para "reducir gastos en aras dunha maior eficiencia da administración pública, simplificar trámites, suprimir órganos ou entidades innecesarias, axilizar procedementos e mellorar a xestión dos medios públicos".

O primeiro beneficiario das reformas da administración é o cidadán, subliñou o presidente, pois haberá "menos formularios, menos papeleos e menos portelos. A cambio, máis axilidade máis facilidades e, por suposto, menos custos e máis aforro".

Rajoy asegurou que España ten unha boa administración, pero no desenvolvemento da súa tarefa e co paso do tempo "afloraron ineficiencias perfectamente evitables e redundancias competenciais entre as distintas administracións públicas" que esta reforma vai tratar de eliminar.

Catro eixos de actuación:

Na súa exposición, o presidente apuntou a necesidade de acabar cun mito moi estendido á mantenta do verdadeiro tamaño da administración española. Para iso, afirmou que España se sitúa entre os países da Eurozona con menor gasto público en porcentaxe de PIB: un 43,3%, fronte ao 49,7% da media da zona euro".

Ademais, profundou na estrutura deste gasto, dous terzos van destinados a gasto social e servizos públicos básicos (educación, sanidade, seguridade, etc.) e só un terzo a servizos administrativos. O problema radica, explicou, en "o desplome  brutal que sufriron os ingresos públicos a consecuencia da crise económica".

Para afrontar esta situación, o informe suscita unha reforma das administracións públicas a partir de catro premisas esenciais que, segundo explicou Rajoy, son: racionalizar o gasto, atender á demanda cidadá, realizar unha análise profunda e sostido no tempo e, para rematar, poñer en práctica un compromiso político para manter o impulso da reforma.

Na consecución desta tarefa o presidente valorou a implicación das administracións autonómica e local: "Traballando ombreiro con ombreiro remamos xuntos na mesma dirección e enviamos unha mensaxe positiva de unidade e responsabilidade ao exterior". A maior parte das comunidades, cumpriu co obxectivo de déficit e o obxectivo do 0,3% estipulado para as entidades locais "cumpriuse con fartura".

O informe da CORA, na que participaron representantes das institucións, os axentes sociais e a sociedade civil, eleva propostas destinadas a eliminar duplicidades e reforzar a coordinación entre as administracións.

A dificultade estriba, engadiu Rajoy, en que o aforro "non vai provir da supresión de prestaciones ou servizos necesarios para os cidadáns, nin dun aumento dos ingresos públicos, senón de melloras de xestión".

Puxo o exemplo do denominado "orzamento de base cero": os gastos en bens e servizos dos ministerios estimaranse anualmente en función das necesidades reais, non a partir do gastado o ano anterior. 

Tamén destacou a implantación da historia clínica dixital accesible desde calquera punto de España para que "a sanidade siga ao cidadán e non que o cidadán persiga á sanidade", e puxo o acento na mellora da administración electrónica. A este respecto puxo o dato de que unha notificación postal costa 2,55 euros e unha electrónica, 0,19.

Colaboración entre administracións:

O presidente do Goberno conclúo recordando que este documento é unha proposta á que lle gustaría que se sumasen todos: "Aquí non hai ideoloxía, aquí hai un intento de ser máis eficaces, que é a nosa obrigación".

Con este obxectivo, Sinalou que a administración central asume o que di o documento e actuará en consecuencia a partir do próximo Consello de Ministros. Entre as medidas que se van a poñer xa en práctica citou as reformas relativas á lei de réxime xurídico das administracións públicas, a do procedemento administrativo, a lei de subvencións, a factura electrónica e a morosidade nas administracións públicas.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.