martes, 11 de junio de 2013

Debate sobre servizos ferroviarios de media distancia en Galicia

Hoxe debatemos na Comisión de Fomento do Congreso, unha proposición non de lei, relativa aos plans do Ministerio de Fomento para suprimir servizos de media distancia ferroviaria, en concreto en Galicia.


Polo Grupo Mixto, interveu a deputada Rosana Pérez Fernández que cualificou ao Plan de Fomento como de "grande desfeita"


Intervín en nome do Grupo Parlamentario Popular e dixen que: "O Plan de racionalización de servizos ferroviarios do que hoxe falamos aquí é un plan que aprobou un Consello de Ministros o 28 de decembro de 2012 e que tivo un longo percorrido ata o día en que estamos falando. Aquí, nesta mesma Comisión, recibimos comparecencias para explicalo suficientemente e tamén tivemos debates no Pleno do Congreso dos Deputados porque este plan, que busca a movilidad dos cidadáns utilizando un transporte social e eficiente, económica e medioambientalmente, implica a reforma dos servizos ferroviarios ineficientes, non dos eficientes, e a medición desta eficiencia faise na comparativa e no binomio ocupación-aproveitamento.


O Ministerio de Fomento e Renfe xa manifestaron para todo o Estado, e tamén para Galicia, que se comprometen a garantir as necesidades de movilidade dos cidadáns afectados por medios alternativos e que seguirán comunicados con outros medios de transporte. Así, trens de longa distancia poderán prestar cobertura a estes usuarios con paradas nos lugares afectados; e noutros traxectos onde non haxa esta parada, substituirase con transporte en autobús. Xa que logo, presérvase a vertebración territorial.


Detrás deste plan está a racionalización do gasto público.

 Señorías, unha situación de crise económica como a que vive España esixe eficiencia no uso dos recursos públicos. Non podemos descoñecer -e seguro que non o descoñece a proponente- o esforzo sen precedentes que está facendo España para controlar o seu déficit público, para evitar as políticas de endebedamento masivo e para corrixir os seus desequilibrios; e o esforzo económico que fixeron e fan os españois para evitar o rescate do noso país e para non ter que depender do que nos dicten desde fóra.

Os españois e os galegos temos unha alta presión fiscal nestes momentos, un IRPF con tipos que chegan ata o 52% e que están á cabeza de Europa, un imposto sobre sociedades crecido e levamos nos últimos anos un aumento de cinco puntos do IVA. ¿Cre alguén no seu san xuízo que non temos que facer un axuste do gasto que permita que este país e que o Estado do benestar sexan viables? ¿É que o ferrocarril ten que permanecer alleo ás ineficiencias de gasto? ¿É que podemos seguir sostendo trens baleiros como os que circulan neste país e pensar que isto é eficiente desde o punto de vista económico mentres recurtamos ou limitamos as pensións, quitámoslles unha paga aos funcionarios, temos esta presión fiscal ou pedimos á xente que copague o gasto farmacéutico? ¿Teremos que facer algo en materia de control do gasto público ineficiente en transporte ou teremos que vivir instalados no inmovilismo dicindo que as cousas poden seguir para arruinar ao noso país?

Non o podemos facer e por iso este Goberno é serio.

Pero non o fai por capricho, senón baseándose nunha consultora pública, Ineco, e seguindo as directrices e os criterios que o anterior Goberno socialista xa puxo en marcha. O que fixo o Goberno de España é actualizar os últimos datos destes traxectos, destas frecuencias e destas relacións. Por iso, en Galicia non se suprimiu ningunha liña ferroviaria. Declaráronse obrigacións de servizo público todas con exclusión da liña Ourense-Pobra de Sanabria; e neste caso foi porque tiña un índice de aproveitamento só do 4,2% e porque por cada 11 euros de billete que pagaba un pasaxeiro as arcas do Estado tiñan que poñer 370 máis. Neses lugares e nesas estacións substituirase ou ben por trens de longa distancia ou ben por transporte de viaxeiros.


O fin de semana de xuño ao que aludía á deputada propoñente da iniciativa non foi un día desfeita, senón un día de cambio para crear novas oportunidades de movilidade para os cidadáns que viven en Galicia.

 O servizo ferroviario en Galicia non só non se deteriora, senón que se incrementa. Cada día son máis os usuarios do ferrocarril en Galicia e non só polo número de infraestructuras e as melloras das infraestructuras que se están facendo e que son absolutamente necesarias, senón tamén porque os servizos melloraron moito.

 Unha mellora moi importante é, por exemplo, que a media distancia entre Coruña, Santiago e Ourense nun ano creza nun 44%, pasando de 170.000 usuarios a 268.000 viaxeiros.

E é un cambio moi importante que por primeira vez a cidade de Lugo teña comunicación por alta velocidade con Madrid. Señora propoñente, a comunicación con Madrid é de ida e volta; non soamente é para que veñamos a Madrid -que temos que vir aquí por moitas razóns e bo é que o fagamos-, senón para que os de Madrid e outras localidades vaian a Galicia, potencien a nosa economía e turísticamente enriquezan as nosas necesidades, que tamén son importantes.

Por exemplo, entre Lugo e Ferrol -citouse aquí a Ferrol, que tamén estrea unha nova conexión con Madrid- os trens paran en Pontedeume, Betanzos cidade, Curtis, Teixeiro, Guitiriz, Lugo, Sarria e, por suposto, en Monforte, A Gudiña e Pobra de Sanabria.

 Non se abandona a media distancia, senón que se potencia; e hai un compromiso clarísimo da ministra de Fomento e da Xunta de Galicia para que o transporte ferroviario teña presente e teña futuro.


Creceu un 55% o número de clientes que viaxan desde A Coruña e Pontevedra a Madrid. O Eixo Atlántico -do que non se falou aquí- ten unhas frecuencias e unhas utilizacións de rentabilidade en Galicia porque ofrece servizos de calidade. Si puidésemos cambialo todo para partir de cero fariámolo, pero temos que partir da situación real e da situación económica que vivimos.


¿Que hai unha política comercial nova de Renfe?

Pois claro que si. Esas tarifas das que falei fai un momento que parecían paradoxais son tarifas promocionais, son os chamados billetes promo e promoplus, que son para un 10 ou un 15% das prazas e que o que buscan é incentivar a oferta e a utilización polos cidadáns dos servizos ferroviarios, como fai o avión e outros medios de transporte, porque queremos ser eficientes.

Por isto, señorías, non imos apoiar esta iniciativa porque queremos cambiar para mellor, porque non queremos o inmovilismo e porque queremos que os cidadáns vexan que os políticos acomodamos os seus impostos, o diñeiro que aportan ao Estado e gastámolo dun xeito eficiente, realista e constructivo. "

Achego o link para acceder ao video deste debate.

http://www.congreso.es/portal/page/portal/Congreso/GenericPopUp?next_page=/wc/verEmisionAudiovisual&idOrgano=327&idSesion=20&fecha=11/06/2013&secuencia=541761&legislatura=10


Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas