Sobre a mellora da calidade educativa

O pasado venres, o Consello de Ministros daba vía libre ao Proxecto de Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) que é considerada como unha reforma fundamental e urxente.


Non podemos obviar que temos unha taxa de abandono escolar do 25%, que dobra á do resto de países da Unión Europea, situada en torno ao 13%. Isto significa que un de cada catro novos abandona ao terminar a etapa obligatoria, e moitos sen terminar a ESO.


Ademais, a taxa de alumnos repetidores é moi elevada e a de desemprego xuvenil supera o 57%, fronte a países como Alemania que se queda no 8%.


O 23,7% de mozos de entre 15 e 29 anos nin estuda nin traballa, porcentaxe só superada por Israel.


Os resultados académicos, afastan a España dos postos de cabeza en educación e empeoran cos anos. Así,o noso país obtivo 481 puntos nas últimas probas de PISA realizadas en 2009, doce puntos por baixo dos obtidos en promedio pola OCDE. Os datos son peores que os obtidos en 2000: 493.


E o certo é que estes resultados negativos prodúcense malia que o investimento en educación está moi por encima da media da OCDE e Unión Europea.


Lembrar que España destina 10.094 dólares ao ano de gasto público por cada alumno na educación pública, un 21% máis que a OCDE e a UE. O investimento en educación duplicouse na última década: de 27.000 millóns a 53.000 millóns de euros.


Por iso o proxecto de lei reforza os coñecementos instrumentais; flexibiliza as traxectorias educativas; incorpora sistemas de avaliación externa para poder evaluar a aprendizaxe dos alumnos e ir adaptándo; dota de maior autonomía e especialización aos centros docentes; mellora a transparencia nos resultados e subliña a cultura do esforzo, para que os estudantes se implíquen ao longo de todo o proceso.


Persegue tamén como obxectivo o de mellorar a empleabilidade dos mozos. Segundo os cálculos da UE, no curso do próximo decenio só o 15% dos empregos dispoñibles en Europa poderán ser ocupados por persoas cunha capacidade media ou baixa.


Outro obxectivo do proxecto de lei é impulsar e modernizar a Formación Profesional para facela máis digna, mellor orientada e máis enfocada á empleabilidade, así como máis transitable e máis flexible.


A forma de conseguir que a FP non sexa percibida como unha estrada de segunda orde é que existan camiños de comunicación entre as súas distintas etapas e a formación académica.


Esperemos que o trámite parlamentario sirva para adquirir os maiores niveis de consenso posibles.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta. Grazas.
Con la tecnología de Blogger.