jueves, 30 de mayo de 2013

A inaplazable e urxente Leí de Transparencia

A vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, presentou con brillantez e solvencia, esta mañá no Congreso dos Deputados o Proxecto de Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo Goberno. No ámbito de actuación da norma están incluídos os partidos políticos, as organizacións empresariais e sindicais e institucións que se financian a través de diñeiro público, como a Casa Real.

A primeira institución que se vai a incorporar de forma expresa na norma será a Casa Real, que responderá ao mesmo réxime de transparencia que se esixe ao Congreso dos Deputados, ao Senado ou ao Tribunal Constitucional.

Na súa intervención a vicepresidenta do Goberno destacou que a española será "a primeira Monarquía europea en someterse a unha obrigación legal de transparencia."

Tamén se incluirá ao Banco de España e a aquelas entidades privadas que reciban un financiamento público relevante.

Sáenz de Santamaría indicou que corresponderá aos grupos parlamentarios definir porcentaxes ou cuantías mínimas que determinen esa relevancia no financiamento público dos seus obxectivos.

A Lei pon a disposición dos cidadáns, sen necesidade de solicitude previa algunha, toda a información cuxo coñecemento considerar de interese, e en particular, información institucional, de organización, de planificación, de relevancia xurídica e de relevancia económica, presupostaria e estatística.

Incorpórase de forma expresa na norma a información referente ao perfil profesional dos responsables dos diferentes órganos das Administracións Públicas.

A vicepresidenta subliñou que a Lei de Transparencia, acceso á información pública e bo Goberno é "urxente e inaplazable" para que os cidadáns recuperen a confianza nas institucións e no labor dos seus gobernantes. Ademais, profunda na estratexia de reforma institucional. 

A Lei establece un órgano independente e autónomo encargado de vixiar a aplicación do principio de transparencia, e de resolver os conflitos que poidan xurdir.

A vicepresidenta avanzou que este órgano será o Consello de Transparencia e Bo Goberno, que contará con "os perfís de independencia e especialización que esixe o espírito desta Lei".

Na norma concretaranse as infracciones derivadas do incumrlimento desta propia Lei, de xeito expresa, para quen obstruyan o exercicio do dereito cidadán de transparencia e acceso á información.

Ademais aproveitarase a creación da Autoridade Fiscal independente e o reforzo doutros organismos de fiscalización, para garantir a eficacia da Lei. A súa independencia sitúalles na mellor posición para velar polo estrito cumprimento da norma.

A vicepresidenta do Goberno dixo que confía en que esta lei ´"marcará un antes e un despois no funcionamento das institucións" e ofreceu aos grupos diálogo para mellorar o texto durante o seu tramitación parlamentaria.

O Pleno do Congreso dos Deputados logo de escoitar á Viceperesidenta e do debate, rexeitou as enmendas de totalidade presentadas ao proxecto de lei de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

As enmendas de devolución de IU, ICV-EUiA, CHA; UPyD, Amaiur, BNG e Compromís, foron rexeitados por 21 votos a favor, 183 en contra e 117 abstencions; e a de texto alternativo, presentada por ERC, con 17 votos a favor, 287 en contra e 16 abstencions . As enmendas de totalidade de CiU e PNV fuero retiradas polos proponentes.

A avocación deste proxecto a Pleno aprobouse por unanimidade, co que unha vez aprobado o dictame pola Comisión Constitucional, que votará o informe elaborado previamente polo relatorio e as enmendas ao articulado, o texto será elevado de novo a Pleno, antes de pasar a continuar o seu tramitación no Senado.

Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta. Grazas.