Total Estatal:
A ocupación baixa en 322.300 persoas no primeiro trimestre de 2013, ata un total de 16.634.700. A taxa de variación trimestral do emprego é do - 1,90% e a taxa anual do - 4,58%. A ocupación diminúe en 71.400 persoas no emprego público e en 251.000 no emprego privado.
O número de traballadores independentes ou empresarios sen asalariados aumenta este trimestre en 22.100, mentres que o total de traballadores por conta propia descende en 9.900. O total de asalariados con contrato indefinido baixa en 118.400 e o de asalariados con contrato temporal faio en 194.400.
A ocupación descende en 170.500 persoas nos Servizos, en 66.800 na Industria, en 60.900 na Agricultura e en 24.200 na Construción.
As comunidades autónomas nas que máis descende a ocupación respecto ao trimestre anterior son Andalucía (57.100 ocupados menos), Cataluña (35.700) e Aragón (35.200).
Illes Balears é a única comunidade con taxa anual da ocupación positiva (0,37%). Estremadura (-2,12%), Comunitat Valenciana (-2,64%) e Canarias (-2,70%) teñen as taxas negativas máis moderadas. Pola súa banda, os maiores descensos do emprego danse en Castilla-A Mancha (-7,36%), Rexión de Murcia (-6,60%) e Cantabria (-6,21).
O número de parados crece en 237.400 persoas e alcanza a cifra de 6.202.700. A taxa de paro increméntase 1,14 puntos, ata o 27,16%.
Nun ano a cifra total de desempregados incrementouse en 563.200.
Si se compara a evolución do paro neste trimestre coa do mesmo periodo de anos anteriores, cabe destacar que o aumento trimestral do desemprego é menor que o rexistrado no primeiro trimestre de 2012.
Os incrementos do paro afectan prácticamente a todas as comunidades autónomas. As maiores subidas respecto ao trimestre anterior obsérvanse en Andalucía (31.100 parados máis), Comunitat Valenciana (27.400) e Illes Balears (24.900)
Galicia:
Os datos da EPA reflicten que neste mal contexto Galicia é capaz de manter o diferencial positivo co conxunto de España. A taxa de desemprego na comunidade galega sitúase no 22,35. %, é dicir, cinco puntos menos que a media do Estado, que é do 27,16%.
O número de ocupados asciende a 998.500 e os parados son 287.400.
Galicia mantense entre as autonomías con menor taxa de desemprego. É a sexta comunidade coa taxa máis baixa e moi lonxe de autonomías como Andalucía, que se achegan ao 37% de desemprego. Hai cinco autonomías que superan a barreira do 30%.
No último trimestre, o desemprego tamén se comportou mellor en Galicia que no conxunto de España. O incremento rexistrado na comunidade (3,61%) é case catro décimas inferior ao conxunto de España (4%). Ademais, Galicia rexistra tamén unha mellor evolución no último ano en comparación co resto de España. Así, a variación do desemprego nos últimos doce meses foi en Galicia do 8,2%, fronte ao 10% en España. O diferencial positivo é de case dous puntos.
A EPA do primeiro trimestre tamén confirma un importante descenso no ritmo de crecemento do desemprego en Galicia. No último ano o incremento foi dun 8,2%, case a metade que o contabilizado no último trimestre de 2012.
En calquera caso, pese a que os indicadores son mellores que os do conxunto de España e os da maioría das CCAA, non son bos datos e a Xunta dedica cada día para non só frear esta situación, como se vai acadando, senón para revertela abrindo novas oportunidades a través da innovación, a internacionalización e o apoio ao emprendemento e aos sectores produtivos.
Ourense:
Os datos da EPA refiren que a provincia de Ourense ten 102.300 ocupados e 32.300 parados. A taxa de actividade queda situada no 47,99 % , a segunda máis baixa do Estado.
A taxa de paro sitúase no 23,99 %, superior á galega en 1,64 puntos e inferior á estatal en 3,17 %.
A taxa de paro sitúase no 23,99 %, superior á galega en 1,64 puntos e inferior á estatal en 3,17 %.
Si desexa comentar esta entrada, pode escribir un correo a celso.delgado@congreso.es.
Recibirá resposta. Grazas.