domingo, 21 de abril de 2013

Debate da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres


Temos convocada para o martes 23 de abril de 2013 ás 11,00 horas, a Comisión de Fomento que abordará a ratificación dos relatorios e a aprobación con competencia lexislativa plena, do Proxecto de Lei polo que se modifica a Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres e do Proxecto de Lei Orgánica polo que se modifica a Lei Orgánica 5/1987, de 30 de xullo, de Delegación de Facultades do Estado nas Comunidades Autónomas en materia de transportes por estrada e por cable.

Tratan estas Leis de responder aos cambios experimentados polo mercado de transporte terrestre de viaxeiros e mercancías, tanto no ámbito nacional como no da Unión Europea.