domingo, 21 de abril de 2013

O vindeiro Pleno do Congreso

A próxima semana, celebraremos Pleno do Congreso dos Deputados co debate o martes, 23 de abril, sobre a toma en consideración dunha proposta do Grupo Socialista de modificación da Lei Xeral Tributaria relativa á publicidade dos datos nos procesos extraordinarios de regularización tributaria; e outra de CIU de medidas de apoio á creación de empresas por parte de emprendedores e ao seu financiamento por parte de inversores de proximidade.

A continuación debateranse as proposicións non de lei do Grupo Popular sobre a elaboración dun Plan Integral de Fomento da Lectura; e do Grupo Socialista, para manter o Plan Concertado de prestacións básicas de servizos sociais en corporacións locais.

Doutra banda, veranse as mociones consecuencia das interpelacións urxentes formuladas o pasado mércores polo Grupo socilaista sobre a "inconsistencia da política fiscal do Goberno"; do PNV, relativa das intencións e plans do Goberno para a execución e finalización da "Y" vasca; e de UPN (Grupo Mixto), relativa a política do Goberno en materia de xestión da auga, especialmente en canto aos seus plans e compromisos referidos á Comunidade Foral de Navarra.

O mércores comezará o Pleno ás 9,00 horas para acoller a sesión de control ao Goberno e o debate das interpelacións urxentes.