viernes, 19 de abril de 2013

Avances na EDAR de Ourense


Hoxe o Consello de Ministros aprobou un Acordo polo que se declara a urxente ocupación dos terreos, bens e dereitos afectados de expropiación forzosa para a realización das obras da estación depuradora de augas residuales (EDAR) de Ourense, obras declaradas de interese xeral do Estado. 

Na referencia do Consello de Ministros, dise que en 1999 subscribiuse un Protocolo xeral de colaboración entre o Ministerio de Medio Ambiente, a Xunta de Galicia e a Confederación Hidrográfica do Norte para desenvolver determinadas obras hidráulicas en Galicia, entre elas as relativas a mellóra do saneamiento de Ourense, todas xa terminadas ou en execución, salvo a relativas á estación depuradora. 

En 2009 o Ministerio e a Xunta asinaron un Protocolo no que se fixaba o marco xeral de colaboración en ejecución do Plan Nacional de Calidade das Augas: Saneamiento e Depuración 2007-2015, en cuxo anexo inclúese a actuación "EDAR Ourense". En 2011 o Ministerio aprobou o Anteproxecto da depuradora EDAR, e en 2012 subscribiuse o convenio para a construción e explotación da actuación "Mellora do Saneamento de Ourense: EDAR de Ourense". 

Agora o Consello de Ministros aprobou a urxente ocupación dos terreos determinada pola necesidade de executar estas obras xa que, unha vez construídas, permitirán depurar as augas residuales de Ourense e dar cumprimento a unha sentenza do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 de Ourense pola cal debe demolerse a actual planta depuradora que serve á cidade. A valoración global de expropiacións e indemnizacións supera os dous millóns de euros.