Hoxe celebramos a habitual sesión de control no Pleno do Congreso e Mariano Rajoy en resposta a unha pregunta formulada por Alfredo Pérez Rubalcaba, sinalou que unha vez pechado o exercicio 2012 comprobouse que as previsións do Executivo cumpríronse no substancial. Respecto das deste ano 2013 asegurou que "estamos estudando todas as informacións dispoñibles e falando coa Comisión, e si é necesario procederemos a unha rectificación".
Neste sentido, explicou que as previsións "non son manifestacións de bos desexos nin quinielas ou apostas, son uns obxectivos de política económica que deben adecuarse á realidade". Factores como a situación dos socios comerciais, o financiamento da economía ou o procedemento de déficit excesivo "pódennos obrigar a cambiar as previsións e de feito creo que imos cambialas".
En calquera caso, puntualizóu que o máis importante non son as previsións senón as medidas de política económica para crecer e crear emprego: "Estamos poñendo bases para a recuperación da económica, a última parte deste ano será mellor e o ano que vén haberá en España crecemento económico e creación de emprego".
Finalizada a sesión de control e no propio Congreso, Mariano Rajoy declarou que Chipre atravesa unha crise que obriga a todos a facer un esforzo, incluídos o seu propio parlamento e a Unión Europea. Recoñeceu que o momento reviste unha enorme complejidad "porque alí o sistema financeiro está nunha situación pésima e necesita capitalizarse". En calquera caso, asegurou que non é partidario "de que a xente perda os seus propios depósitos porque non teñen ningunha responsabilidade nesta materia".
Tamén no Congreso houbo unhas importantes declaracións do Ministro de Facenda e administracións Públicas, Cristobal Montoro sonre o novo imposto estatal sobre depósitos bancarios: "Vou aclarar o contido deste imposto posto que existe unha certa confusión nos medios de comunicación: en primeiro lugar, en España non existe nin vai existir un imposto sobre depositantes ou aforradores como o que se trata de implantar en Chipre; en segundo lugar, grava ás entidades bancarias en función do seu volume de depósitos e vén substituír ao que aplicaban tres comunidades autónomas ata decembro".
O ministro aclarou que este novo imposto non foi creado cun afán recadatorio senón para "implantar unha orde no mercado bancario español en razón da demanda que fai a Comisión Europea". Desta forma, o Goberno garántese a aplicación dun tributo de forma homoxénea en todo o territorio nacional.
Montoro recordou que o Goberno xa adiantou en decembro a creación deste imposto e a posibilidade de aplicar un tipo de gravame superior ao 0% co que naceu en xaneiro, unha vez que foi aprobado nas Cortes.
No entanto, o ministro resaltou que o tipo de gravame "vai ser moi moderado" e servirá para compensar, como establece a lei, ás tres comunidades autónomas (Andalucía, Canarias e Estremadura) que o han ter vixente ata agora. Onte, no Senado, o ministro indicou que este tipo de gravame "non será moi superior a cero".