martes, 19 de febrero de 2013

Favorables resultados en 2012 da balanza comercial española


Hoxe Jaime García-Legaz, secretario de Estado de Comercio resaltou que a maior competitividade das exportacións españolas, grazas sobre todo ao descenso dos custos laborais unitarios, o aumento das empresas que exportan e a orientación cara a novos mercados permiten explicar que, malia a conxuntura recesiva no noso país, os resultados da balanza comercial española sexan favorables para o conxunto de 2012.



Concretamente, as exportacións de mercancías alcanzan un total de 222.643,9 millóns de euros -un 3,8% máis que en 2011- e rexistran o mellor dato da serie histórica que comeza en 1971. A través da reorientación das nosas vendas a novos mercados estase conseguindo reducir a vulnerabilidade tradicional das nosas exportacións, permitindo compensar a débil demanda na Unión Europea e seguir a súa tendencia crecente.



Os principais sectores exportadores foron os bens de equipo, os alimentos, os produtos químicos, os automóbiles e as semimanufacturas. En bens de equipo, destacan os aumentos nestes meses nas vendas ao exterior de material de transporte ferroviario ( 21,1%), motores ( 12,8%) e maquinaria específica para a industria ( 13%). En alimentos, creceron as exportacións de bebidas ( 16,8%) e de carne ( 13,8%), destacando tamén o avance dos produtos químicos orgánicos ( 35,8%) e abonos ( 20%)



As importacións caen un 2,85% en 2012, ata os 253.401,2 millóns, con caídas no conxunto das rúbricas con excepción das compras de produtos enerxéticos por mor da elevada dependencia enerxética do exterior.



Por iso, o déficit enerxético increméntase un 13,9 % interanual en 2012, pero hai que destacar que o superávit non enerxético segue aumentando e rexistra saldos positivos todos os meses do ano, ata un máximo histórico de 14.746 millóns de euros.



En conxunto, a notable redución do déficit comercial, un 33,6% anual ata os 30.757,4 millóns de euros, é a causa principal da corrección do desequilibrio exterior, que está permitindo ter superávit na balanza por conta corrente desde xullo de 2012, segundo os últimos datos do Banco de España.



A taxa de cobertura, a porcentaxe das importaciones que podemos pagar coas nosas exportacións, alcanza o máximo de 87,86%, un dato sen precedentes desde que hai registros.



Por áreas xeográficas, malia a ralentización económica na UE, o superávit comercial seguiu crecendo con esta rexión en todo o ano 2012 para alcanzar un monto de 12.571 millóns de euros, máis que triplicando o de 2011 (4.059,9 millóns de euros). Coa zona euro, o superávit comercial alcanza os 7.723,2 millóns de euros, fronte a un saldo de 1.660,2 millóns o ano pasado.



Un dato moi significativo das nosas ganancias en competitividade é que en 2012 reducimos un 57,2% noso saldo deficitario coa economía máis competitiva da UE, Alemania, á vez que mantivemos crecentes saldos favorables con Francia (9.471 millóns de euros), con Reino Unido (3.828 millóns de euros), con Portugal (6.560 millóns de euros), con Italia (914 millóns de euros) ou con Austria (238 millóns de euros).

Como se indicou anteriormente, un elemento fundamental nos bos resultados do noso sector exterior está na reorientación das nosas exportacións a áreas non tradicionalmente atendidas polas nosas empresas e que teñen maior potencial de crecemento. Así, en 2012 creceron un 37,6% as exportacións a Oceanía, un 30,6% as destinadas a África, un 14,9% a América Latina, un 13,5% a América do Norte e un 11,9% a Asia. E nesta mesma liña de aumento da diversificación, a participación das exportacións á UE pasou dun 80,1% en 2007 a un 62,8% en 2012.



Tamén é un factor relevante o aumento das empresas que exportan, 130.247, un 12% superior en 2012 con respecto a 2011. E é tamén significativo o aumento do 3% das empresas que exportan regularmente, ata 30.126, fronte a caídas nos tres anos anteriores (-3,9% en 2011, -1,4% en 2010 e -0,8% en 2009). [Os datos de empresas exportadoras son de xaneiro a novembro].