Obxectivos do Tesouro Público para 2013

Un dos mais serios problemas que tivo o Estado no pasado ano tivo que ver co financiamento do Tesouro Público.

 Por iso paréceme oportuno reseñear que acaba de coñecerse onte  a estratexia para 2013, na que prevé unhas necesidades de financiamento netas de 71.000 millóns de euros. 

En termos brutos (sen descontar amortizacions) a cifra sitúase entre 215.000 e 230.000 millóns de euros, entre un 13,9% e un 7,9% inferior ao financiamento bruto obtida o ano anterior (249.635 millóns de euros).


A cifra de emisión neta fixada para 2013 correspóndese cunha previsión de déficit de caixa do Estado de 38.063 millóns de euros, máis a variación de activos financeiros prevista para ese exercicio (32.958 millóns). Esta última cifra inclúe a achega española ao capital do Mecanismo Europeo de Estabilidade (MEDE) por 3.809 millóns de euros, máis as necesidades de financiamento do Fondo de Liquidez Autonómico (FLA) por 23.000 millóns de euros.           

  Con estes obxectivos o Tesouro español afronta 2013 en condicións máis holgadas que o exercicio anterior, tendo en conta ademais a mellora nas condicións do mercado con que arrinca o novo ano.

 Ata nunha situación de maior inestabilidade, como sucedeu especialmente na segunda parte de 2012, o Tesouro logrou pechar con éxito o seu programa de financiamento. O custo medio de emisión foi do 3,42% (3,01% contando o préstamo do MEDE), fronte ao 3,90% con que concluíu 2011. A vida media pechou en 6,06 anos (6,34 contando co préstamo do MEDE), fronte aos 6,55 de decembro de 2011.

Con la tecnología de Blogger.