sábado, 12 de enero de 2013

Nas vésperas do XV Congreso do PP de G

O vindeiro fin de semana celebraremos en Lugo o XV Congreso do PPdeG que será presidido por Jaime Castiñeira, deputado autonómico e voceiro municipal do partido en Lugo é que  o dirixente que colleitou a porcentaxe máis alta do PP nas eleccións municipais nas cidades pese a que por unha decena de votos non logrou a maioría absoluta para ser alcalde.

A presidenta do Comité Organizador do XV Congreso do PPdeG, Raquel Arias, presentou  o lema do cónclave, "Sigamos avanzando" no que debateremos tres ponencias: 

-  ‘Estatutos e regulamento dun partido que cambia contigo’, que ten como obxectivo actualizar a normativa interna do partido así como modernizar o seu funcionamento para estar á altura do que os cidadáns demandan á clase política. 

 - ‘A crise como reto do presente; o crecemento como meta do futuro’, que  pretende trazar as liñas de traballo coas que os populares vamos a traballar nos próximos anos naquelas institucións nas que temos responsabilidades de goberno, co obxectivo de seguir afrontando a crise económica e ser capaces de iniciar o camiño cara a recuperación e o crecemento. 

- En terceiro lugar, tamén debatiéremos  a  ponencia ‘As persoas como prioridade dunhas institucións abertas’, co obxectivo de abordar o futuro dos servizos públicos, que os populares consideramos imprescindibles, así como das institucións para que vexan mellorada a súa capacidade de interlocución cos cidadáns. 

Tamén votaremos a candidatura de Alberto Núñez Feijó para a Presidencia do partido e elixiremos os órganos de Goberno.