martes, 15 de enero de 2013

Homenaxe no Senado a D. Manuel Fraga

Hoxe pola mañá estiven no Senado onde foi colocado un busto en homenaxe a D. Manuel Fraga Iribarne no día do primeiro aniversario do seu pasamento.

No acto interveu o portavoz do GPP no Senado, José Manuel Barreiro, a secretaria xeral do PP,  Maria Dolores de Cospedal, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o presidente do Senado, Pio García Escudero.

Na sua intervención Feijóo dixo que “o presidente Fraga é a proba de que resulta artificiosa a contradición entre a devoción por España e a paixón por unha das súas comunidades e salientou que o legado de don Manuel adquire unha importancia singular. “Con el –dixo- aprendemos que a grandeza dun territorio non é compatible cos muros e as fronteiras. Con el soubemos que a preservación dunha identidade non depende de torpes medidas defensivas, senón do seu espírito cordial e expansivo. En vez do <nós solos> do nacionalismo antigo, o <nós con vós> do autonomismo moderno”.

Así mesmo, incidiu en que Manuel Fraga foi un estadista, pero non ao xeito do político prematuramente subido a un pedestal e afastado do cotián, senón apegado aos seus. “Cada teoría que expón ou pon en práctica ten o contraste da xente, zumega ese sentimento popular ao que don Manuel estaba sempre atento”, resaltou, ao que engadiu que establecer un paralelismo coa figura de Alfredo Brañas, obriga a recordar que don Manuel Fraga fai do soño dun galeguismo reformista, unha doutrina compartida que fai máis forte a unidade dos galegos.

Concluíu Feijóo a súa intervención recoñecendo compartir co ex presidente da Xunta as esperanzas que depositou no Senado; “unhas esperanzas que comparto porque a sempre complexa articulación territorial precisa dunha bisagra que faga posible que a relación entre as diferentes partes do Estado se produza sen chíos”. Feijóo lembrou que iso é o que don Manuel sempre desexou, “e ese –salientou- é o gran reto que temos os que queremos preservar a súa memoria”.

O último en tomar a palabra foi, Pío García-Escudero, quen recordou o intenso traballo de Fraga nos últimos anos da súa vida, os do Senado e dixo que "esta Cámara ten moito que agradecerlle. Foi un dos seus grandes defensores e abogou sempre por unha reforma do Senado que o adoptase ao Estado que os españois démonos", concluíu.