domingo, 23 de diciembre de 2012

Pesar polo pasamento de Ceferino Diaz


Acabo de coñecer a triste nova do falecemento de Ceferino Díaz Diaz, profesor universitario e destacado militante  socialista e galeguista.
 
Unha excelente persoa á quen coñecín no Congreso dos Deputados e co que compartín nada menos que tres lexislaturas, desde o ano 2000 a 2011.

Fun testemuña dun traballador incansable en defensa das súas ideas e dos intereses de Galicia e fíxoo sempre con convicción e cunha exquisita corrección e respecto ás ideas dos demais.
 
Achego este Link a sua ficha do Congreso que permite acceder ao seu enorme traballo parlamentario, intenso mesmo na etapa da sua dura enfemidade.


Descanse en paz, un dos bos e xenerosos.