jueves, 22 de noviembre de 2012

Debate en Telemiño sobre desafiuzamentos


Esta tarde estiven en Teleminho, e participei como invitado no programa Punto Crítico que modera Lalo Pavón. O tema obxecto de debate foi o dos deshacios. 


Na miña primeira intervención dixen que desde que se iniciou a crise económica houberon 350.000 execucións hipotecarias e 185.140 desafiuzamentos. E que no que levamos de 2012, as execucións hipotecarias incrementáronse notablemente, un 20,6% en relación co mesmo período do ano anterior. 



A pesar de todo dixen que, a morosidade está lixeiramente por encima do 3% do total das carteiras hipotecarias, e boa parte desa morosidade non é primeira vivenda. E resaltei a importancia do credito hipotecario como medio para acadar o acceso a vivenda da maioría dos cidadans.

Afirmei que como resposta á demanda social que se produciu nas últimas semanas foi aprobado con urxencia o Real-Decreto-lei 27/2012 de 15 de novembro, que ten por obxecto paralizar o lanzamento dos debedores hipotecarios en situación de vulnerabilidade das súas vivendas.
O obxecto pois do citado RDL é parar as consecuencias sociais máis agudas dos desafiuzamentos, mentres se busca unha solución definitiva ao problema; dixen que este Real Decreto lei se convalidará o vindeiro xoves no Congreso, e despois tramitarase como Proxecto de Lei. E engadín que no trámite do Proxecto de Lei, ás medidas de urxencia que contén o RDL engadiránselle outras de fondo, que sen pór o perigo a estabilidade financeira e fiscal do país, dean unha resposta ao problema social que se expón. 

Tratei de explicar, coas limitacións de tempo deste tipo de debates, as condicións para acceder á moratoria que establece o RDL 27/2012. É necesario cumprir algunha das condicións de "vulnerabilidade" e todas as condicións chamadas "económicas", para estar cuberto polo RDL. 

O conxunto de condicións é amplo, e cobre a maior parte dos casos máis severos de insolvencia sobrevinda: por exemplo, se nunha familia o perceptor principal perde o seu emprego, estará pola situación de desemprego en situación de vulnerabilidade, e moi probablemente pola perda do seu salario, os ingresos da unidade familiar quedarán por baixo do triplo do IPREM (1.597 €), o esforzo para o acceso á vivenda incrementouse en máis dun 50% (xa que de define como o cociente entre a cota hipotecaria e a renda familiar), e coa perda de ingresos asociada ao desemprego, a cota hipotecaria facilmente superará o 50% da renda familiar. 

Xa que logo para as familias substancialmente endebedadas e golpeadas polo desemprego, a moratoria dos desafiuzamentos aplicarase con bastante xeneralidade. 

Tamén me referín ao Real Decreto-lei 6/2012, de 9 de marzo, de medidas urxentes de protección de debedor hipotecarios sen recursos. Este RDL modificou a Lei hipotecaria de 8 de febreiro de 1946, a Lei do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, a Lei Reguladora das Facendas Locais, a Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas e modificación parcial das leis de impostos sociedades, sobre a renda de non residentes e sobre o Patrimonio. 

Dixen que esta normativa permite a reestruturación da débeda hipotecaria e flexibiliza a execución da hipoteca a aqueles debedor que se atope no limiar de exclusión. E recordei que contén tamén un "Código de Boas Prácticas" de adhesión voluntaria para as entidades de crédito (segundo o Ministerio, máis do 80% adheríronse) que establece medidas que protexen ao debedor hipotecario. As medidas son as seguintes: 

- Aplicación aos préstamos ou créditos dunha carencia na amortización de capital e unha redución do tipo de interese durante catros anos e a ampliación do prazo total de amortización. 

- De non resultar suficiente a reestruturación anterior, as entidades poderán ofrecer aos debedor unha quita sobre o conxunto da súa débeda. 

- Se ningunha das dúas medidas anteriores logra reducir o esforzo hipotecario dos debedor a límites asumibles para a súa viabilidade financeira, estes poderán solicitar, e as entidades deberán aceptar, a dación en pago como medio liberatorio definitivo da débeda. As familias poderán permanecer na súa vivenda durante un prazo de dous anos satisfacendo unha renda asumible. 

Terminei insistindo na preocupación que o PP ten por este tema e o compromiso que manifestamos para co apoio de todas as forzas políticas, buscar solucións xustas e posibles para os problemas de sobreendebedamento familiar. 

E dixen que hai que traballar no ámbito das garantías dos prestamos, por exemplo evitando a sobretasación e facendo a ambas partes - non so ao debededor-  corresponsables dunha excesiva depreciación da garantía. 

Igualmente o procedemento de execución hipotecaria, tanto xudicial como extraxudicial presenta unhas ineficiencias que debemos corrixir. 

E finalmente avanzar na regulación da dación en pago.