miércoles, 21 de noviembre de 2012

Avanza a conexión por estrada entre Sobradelo e O Barco de Valdeorras


Temos que celebrar que o Ministerio de Fomento con data 29 de outubro de 2012 resolvese a adxudicación do contrato para a redacción dos proxectos de trazado e construción: Conexión entre as estradas N-120 e N-536. Tramo: Sobradelo - O Barco de Valdeorras. 
 
Un viario moi necesario para mellorar a seguridade viaria e así  desconxestionar a vila do Barco de Valdeorras do tráfico pesado de camións que trasladan a lousa desde as canteiras existentes na comarca ata a estrada nacional 120. 

O contrato foi adxudicado por 1.069.000 €, IVE incluído a "Euroconsult Ayesa". 

Esta empresa disporá para executar os traballos un máximo de 24 meses a contar desde a firma do contrato que previsiblemente se asinará este mes. 

A lonxitude aproximada do tramo é de 5,7 Km. Ao longo do trazado prevense dous enlaces. Está previsto 8 estruturas das cales 5 son viadutos, 1 paso superior e 2 pasos inferiores. O orzamento estimado desta obra é de 33,8 millóns de euros. 

Esta noticia prodúceme unha gran satisfacción pués levo duas lexislaturas impulsando e controlando este proxecto. 

Hai que recordar que o Goberno do Partido Popular, sendo presidente Aznar, en novembro de 2003 solicitou a orde de estudo para a realización do Estudo Informativo que foi resolta pola Dirección Xeral de Estradas  do xa novo Goberno socialista o 16 de setembro de 2004. 

Houbo que esperar ata o 12 de xuño de 2009, para que o Ministerio de Fomento aprobase definitivamente o estudo informativo desta estrada e despois agardar dous anos máis, para que o 2 de agosto de 2011 licitásese a redacción do proxecto. 

Todo un record de atrasos, o acumulado nestes oito anos anteriores de Goberno socialista. 

A realidade é que o novo Goberno, que cumpriu onte o seu primeiro ano de mandato, e tras a aprobación dos PGE para 2012 cumpriu o prometido pola ministra Ana Pastor e licitou o contrato para a redacción dos proxectos de trazado e construción desta conexión.