Na boa liña para cumprir o obxectivo de déficit


Nunha rolda de prensa habitual para informar sobre os datos de execución orzamentaria, a Secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, a galega, Marta Fernández Currás afirmou onte que "o déficit do Estado está baixo control".



Esta aseveración ao seu xuízo permite concluír que o déficit do Estado compórtase de acordo ás previsións do Executivo e sitúase na senda correcta para alcanzar o obxectivo previsto a final de ano.


Así, a secretaria de Estado confirmou que o déficit do Estado en termos homogéneos, é dicir tendo en conta o adianto de transferencias a outras administracións e a maior realización de devolucións de impostos, reduciuse en setembro ata o 3,93% do PIB, 41.321 millóns de euros, o que non sucedía desde o pasado mes de marzo.


Idéntica tendencia apréciase no déficit medido en termos de contabilidade nacional non homogéneos, que ascende a 46.113 millóns de euros, o equivalente ao 4,39% do PIB, fronte ao 4,77% rexistrado en agosto.


Fernández Currás considera que "é a partir do trimestre que queda para pechar ao ano, cando se vai a facer máis patente a redución do déficit, precisamente cando teñan o seu efecto na recadación e na execución do gasto, as medidas adoptadas polo Goberno para cumprir co obxectivo previsto ao peche do presente ano". "Estamos na senda correcta e así o mostra o dato do mes de setembro".


No entanto a secretaria de Estado considera que esta evolución positiva "non pode traducirse nunha relaxación da política fiscal, senón que o importante é seguir co esforzo de redución do déficit no que resta de exercicio".


O total dos ingresos non financeiros no conxunto dos nove primeiros meses do ano, antes de descontar a participación das administracións territoriais no IRPF, IVE e Impostos Especiais, alcanzou os 156.377 millóns de euros, o que representa un incremento do 21,7% en termos interanuais.


Os ingresos impositivos eleváronse ata setembro a 116.356 millóns de euros, representando un descenso do 2%, mellorando respecto do 4,5% rexistrado en agosto. No entanto, esta taxa redúcese ata o 1,1% en termos homogéneos, unha vez corrixido o adianto de devolucións.


Esta tendencia vén determinada en primeiro lugar por aquelas medidas que supón unha maior recadación, consecuencia das medidas de consolidación fiscal, que xeran un incremento da recadación ata setembro de 1.355 millóns de euros, xunto aos ingresos por adiamentos de exercicios anteriores e de actividades de control que achegan preto de 1.800 millóns de euros. Doutra banda, están afectados polos descensos nas bases impoñibles como consecuencia da actual situación da economía.


Polo que respecta á recadación por IRPF alcanzou os 52.312 millóns de euros, un 1,6% máis que fai un ano. O termos homogéneos, o crecemento ata setembro alcanza o 2,9%, manténdose nos mesmos termos do mes anterior.


Inciden positivamente a recadación por retencións de traballo que alcanzan os 2.045 millóns de euros, así como o incremento da recadación por retencións de capital mobiliario que elevou a recadación en 441 millóns de euros.


Os ingresos polo Imposto sobre Sociedades ata setembro descenderon o 3,6% como consecuencia da axilización das devolucións. Por iso, en termos homogéneos os ingresos por este tributo crecen o 4,1%, practicamente a mesma cifra que o mes pasado. A previsión é que de aquí a final de ano a evolución mellore.


A recadación por impostos indirectos alcanza os 52.107 millóns de euros, o que supón un descenso do 5,0%.


A recadación por IVE alcanzou os 36.115 millóns de euros, o que representa moderación da súa caída ata o 5,3%, un descenso que se veu reducindo mes a mes, se temos en conta que na primeira parte do ano mostraba reducións do 10%, e en concreto do 8,4% no mes anterior. En setembro, en termos interanuais, os ingresos por este tributo creceron o 11,9% ata os 6.526 millóns de euros.


A recadación acumulada ata setembro por Impostos Especiais chegou a 13.785 millóns, cunha redución do 4,8%, a mesma que en agosto. Os ingresos por Labores do Tabaco en setembro tamén descenden o 4,8%. No Imposto sobre Hidrocarburos aprécianse menores caídas que en meses anteriores, cun descenso acumulado do 7%. O Imposto especial sobre a Electricidade rexistra un aumento importante do 8,8%, mentres que o Imposto especial sobre o Alcol descende un 3,2% e o da Cervexa aumenta o 0,5%.


No conxunto dos nove primeiros meses do ano, os pagos non financeiros do Estado alcanzaron os 114.738 millóns de euros, o que representa un incremento do 9,1% debido fundamentalmente á liquidación definitiva do sistema de financiamento dos entes territoriais, tanto comunidades como municipios, así como ao adianto de transferencias á Seguridade Social e a Unión Europea. Tamén inflúe o crecemento en 3.069 millóns de euros dos gastos financeiros.


Os soldos e salarios do persoal activo rexistra ata setembro un descenso do 1,6% ata un total de 9.993 millóns de euros.


Os pagos por intereses da débeda creceron ata setembro o 17,4% ata totalizar 20.734 millóns de euros, unha cifra que segue evolucionando en función do volume da débeda e da evolución dos tipos de interese e o calendario de vencimientos.


Os pagos por transferencias correntes pasaron de 54.005 millóns de euros en 2011 a 66.287 millóns de euros en 2012. Desta cifra total, 19.552 millóns corresponden ás Comunidades Autónomas, é dicir 8.858 millóns máis que fai un ano.


Os pagos por investimentos reais redúcense un 29,4% ata totalizar 3.178 millóns de euros.

Con la tecnología de Blogger.