martes, 23 de octubre de 2012

Con Rajoy celebrando o resultado electoral de Feijóo


Finalizada a sesión plenaria de hoxe pola mañá, tivemos os deputados galegos a oportunidade de reunirnos dun modo informal no Salón de Pasos Perdidos co presidente do Goberno, Mariano Rajoy e así valorar e celebrar o extraordinario resultado, limpo e claro, de  Alberto Núñez Feijóo nas eleccións autonómicas do pasado domingo na que obtivemos 41 escanos, tres mais que hai catro anos.




Agradecemos ao noso paisano Rajoy, militante do PP de G, a súa importante implicación na recente campaña, presente nas catro provincias A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra  e transmitímoslle o noso incondicional apoio ás súas políticas responsables, coherentes, de dicir a verdade e que se están tomando desde o primeiro día da súa chegada á Moncloa.


Así se fixo por Feijóo en Galicia e precisamente esas políticas son as que nos conduciron a renovar a confianza dos electores que avalaron un proxecto previsible.

 Agora o obxectivo é o de saír da crise con especial adicación aos parados e aos que sofren especiais dificultades que son os primeiros aos que se debe atender.