Este fin de semanda acudín a Expourense para asistir a,
Imaxe, Salón de Perruquería e Estética e tamén ao Salón Celebra, Salón de
Vodas, Comunions, Bautizos e Actos Sociais.
Esta última feira cumplía a súa 13ª edición coa pretensión
de facilitar a organización de eventos tanto familiares como empresariais.
Aproximadamente 40 expositores presentaron unha variada oferta
de produtos e servizos cos que dar resposta á complexa planificación de actos
sociais como vodas, comuñóns, bautizos, reunións de empresas, presentacións e
lanzamentos de novos produtos, etc.
Pola sua parte Imaxe chegaba a súa 14ª edición nun momento
económicamente moi difícil para os empresarios de perruquería e estética.
Estiven no acto inaugural que presidiu o Conselleiro de Educación Jesús Vázquez
e o alcalde da cidade, Agustín Fernández, e tamén no acto de entrega a duas
actrices galegas dos Premios “Mellor Imaxe”, en concreto a María Mera e Sara
Casasnovas.
Tamén foi unha excelente ocasión para contactar cos
profesionais das Asociacións de Perruquería e Estética; a de Ourense que preside Beatriz Gómez e a de Galicia -FEPEGA- que neste momento preside Jesús Saiz, e ademais coas empresas provedoras de
produtos e servizos.
Tiven ocasión tamén de participar nunha extraordinaria
conferencia a cargo de Luis Romero Colás, presidente de Intercoiffure España, e
unnha das figuras da perruquería europea, que analizou a situación empresarial e creativa da profesión
e deu boas pautas para aportar “valor” a esta actividade.
E tamén quero destacar os actos de conmemoración do vinte
aniversario da FEPEGA nos que se rendiu homenaxe aos presidentes anteriores,
habendo tempo tamén para a cultura musical coa excelente actuación da afamada
Coral Casablanca de Vigo.