Reiniciado o curso político, xa
coñecemos que o Goberno que preside Mariano Rajoy aprobará novas reformas para impulsar o crecemento e combater o paro.
Así o executivo porá en marcha este trimestre un ambicioso programa de reformas para seguir pondo as bases da recuperación económica, co obxectivo de seguir loitando incasablemente contra a crise económica e o paro, como o fixo nos últimos meses.
Entre outras virán as seguintes:
- Reforma da calidade na Educación: para frear o elevado índice de fracaso escolar, mellorar a eficiencia nas aulas e potenciar a Formación Profesional.
- Unificación dos organismos supervisores: Unificaranse os actuais oito organismos nun só organismo nacional.
- Reforma da lei de costas: co
obxectivo de protexer o noso litoral e a
seguridade xurídica, tanto de propietarios como de concesionarios.
- Regulación do sector do
transporte terrestre: cun proceso de liberalización que faga máis eficaz, competitivo e rendible
o servizo.
- Reforma da lei orgánica do
poder xudicial: para darlle ao poder xudicial
maior axilidade, seguridade e permanencia no tempo.
- Lei de acción exterior:
encamiñado a modernizar o servizo diplomático
para potenciar a proxección de España é mellorar a imaxe, a posición e a
defensa dos intereses españois no
exterior.
- Unha nova lei de mutuas: para evitar prácticas abusivas, como o absentismo inxustificado.Esta lei representará un paso máis na loita contra a fraude no emprego e a Seguridade Social.
- Lei de mercado único: para evitar a fragmentación actual do mercado nacional e facilitar a actividade dos emprendedores.
- Reforma enerxética: que free o insostible déficit tarifario.Realizarase unha repartición do déficit entre os diferentes sectores implicados a través dun novo esquema de fiscalidade enerxética.