jueves, 6 de septiembre de 2012

No faladoiro de Radio Voz


Nunha vova tempada, comezamos hoxe pola mañá o faladoiro radiofónico dos xoves en Radio Voz - que se emite desde as 8,30 ata as 9,30- que modera Antía Díaz Leal e no que habitualmente estamos tres representantes galegos no Congreso dos Deputados: Laura Seara polo PSdeG, Francisco Jorquera polo BNG (substituído hoxe por Olaia Fernández) e eu mesmo polo PP de G. 



O tema central foi a importante visita que hoxe fai a chanceler alemá Ánxela Merkel á Moncloa para verse con Mariano Rajoy e que vai acompañada dun gran encontro empresarial dos dous países. E por suposto, tamén comentamos  os temas a abordar na reunión do Banco Central Europeo, pois se agardan decisións importantes en apoio á compra de débeda de España e de Italia, que alivien os graves prooblemas de financiamento

E como era de esperar, tamén falamos da recente convocatoria das eleccións ao Parlamento de Galicia.