De especial interese para Galicia foi a pregunta que formulou hoxe na sesión de control do Congreso, o meu compañeiro do PP de G, o viveirense Jaime de Olano Vela, á ministra de Fomento, Ana Pastor, sobre as previsións do seu ministerio para facer fronte ao pago de expropiacións na Comunidade Autónoma de Galicia, ante a gran demora que arrastran moitos expedientes e que están afogando a moitas familias galegas.
De Olano recriminou aos socialistas que acumulasen unha débeda insostible (40.000 millóns en Fomento) e deixado de pagar as expropiacións, o que non só prexudica gravemente as maltreitas economías de moitos cidadáns, senón que, ademais, vai en contra dos intereses públicos porque logo hai que pagalas con intereses.
Preocupouse na súa intervención, especialmente pola situación que viven as familias galegas afectadas pola Autovía do Cantábrico e por obras na provincia de Pontevedra e agradeceu á ministra Ana Pastor que nos PGE do 2012, aprobados o pasado mes de maio, o seu ministerio houbese provisto unha partida para o pago de expropiacións de 600 millóns de euros. "Somos coñecedores de que xa se empezaron a abonar a algúns propietarios e nestas circunstancias económicas na que moitas familias estano pasando moi mal, o cobro destas cantidades resulta unha axuda. Grazas por recuperar o respecto polos cidadáns e polo diñeiro público, a seriedade e o rigor na xestión", engadiu.
Pola súa banda, a ministra de Fomento Ana Pastor respondeu:
" O Ministerio de Fomento o que fixo en primeiro lugar foi consignar 600 millóns de euros no orzamento de 2012 para facer fronte a todas as expropiacións de miles e miles de cidadáns neste país que levaban desde 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011 sen cobrar un euro.
É dicir, os cidadáns españois non cobraban as expropiacións, as estradas estábanse terminando e estábase financiando o Estado co diñeiro dos españois, deses miles de cidadáns a quen non se lles pegaba nin un euro do que se lles debía. Por iso, por responsabilidade, o que fixemos foi consignar esa contía.
Por certo, señorías, esa contía fixo que se puideron investir 600 millóns menos en moitos casos en estradas porque a primeira obrigación dun Goberno serio, respectuoso e con nivel é pagar o que se debe e neste país nos últimos oito anos perdeuse ese costume.
Por iso, agora o Goberno ten que pagar non só as expropiacións, senón a demora desas expropiacións, e por iso estanse pagando en Galicia e en toda España as expropiacións. Iniciouse o seu pago no mes de setembro porque, como saben, cando chegamos ao Goberno non había aínda orzamentos aprobados.
Na provincia de Coruña hai pendentes 25 millóns, na de Lugo 38, na de Ourense 5,4 e na de Pontevedra máis de 30.
Neste momento pódolle dicir que hai 830 expedientes que se pagaron e que afectan a miles de cidadáns. Tramitáronse xa máis do 46% que afectan a 3.722 leiras sen pagar.
En Coruña, por exemplo, están listas para abonar 850 leiras, en Lugo 2.135, en Ourense 492 e en Pontevedra 242 leiras.
Gustaríame destacar que, por non estar paga, non estaba pagada nin a expropiación do aeroporto de Coruña, do que se debían 7 millóns de euros, e pagamos xa a metade.
Señoría, este é un Goberno serio que intenta cumprir cos cidadáns e pódolle asegurar que ata que non pague a última débeda que me deixaron"
www.youtube.com/GPPopular
www.youtube.com/GPPopular