viernes, 31 de agosto de 2012

Sobre o Programa galego de protección social de saúde pública

Merece unha referencia especial, o Programa galego de protección social de saúde pública aprobado onte  polo Consello da Xunta, que según o presidente Feijoo, blindará a asistencia sanitaria ás persoas sen recursos ou en situación irregular, grazas ao seu rigor orzamentario que a sitúa como a comunidade autónoma máis solvente.

Engadiu que ese rigor nas contas públicas,  está a permitir “facer investimentos en hospitais e en centros de saúde”, ou “incrementar o número de prazas públicas en centros de día, residencias da terceira idade e garderías”. 

Na rolda de prensa posterior o presidente explicou que aquelas persoas residentes en Galicia que carezan de recursos, que se atopen en situación irregular ou que perderon o permiso de residencia por quedar no paro, e que acrediten a súa vecindade en Galicia, “terán dereito a unha asistencia sanitaria non só de urxencia, senón, tamén, nos centros de saúde como actividade ordinaria”.

Feijóo sinalou que esta instrución que acaba de presentar a Consellería de Sanidade entrará en vigor a partir do 1 de setembro.

Finalizou afirmando que “Estamos empezando a recoller os froitos do rigor e do equilibrio das contas públicas. Non só polo feito de que Galicia sexa a comunidade máis solvente do Estado, segundo os datos do Ministerio de Facenda; senón, tamén, porque esa solvencia permítenos unha maior marxe de manobra para protexer no ámbito social os maiores dereitos posibles dos veciños de Galicia”

“Galicia non tivo que acudir a ningún mecanismo extraordinario de débeda como os 35.000 millóns de euros que puxo o Ministerio de Economía, a través do ICO, a disposición de comunidades, deputacións e corporacións locais. De 35.000 millóns de euros, Galicia pediu cero euros”, apostilou.

“Imos seguir traballando. Sigo pensando que hai que controlar o déficit público para poder facer estas cousas fóra das órbitas estritamente legais do Sistema Nacional de Saúde”, dixo, para engadir: “Sigo pensando que o control do déficit público ten consecuencias beneficiosas no económico e no social”.