viernes, 24 de agosto de 2012

Leíte, pesca e infraestructuras hidráulicas





Compre salientar a  importante reunión celebrada este mediodía do presidente Alberto Núñez Feijóo co Ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete para analizar a situación pola que atravesa o sector gandeiro e o sector da pesca en Galicia, así como outras cuestións de interese para Galicia.

A web da Xunta informa  que Feijóo valorou, nun primeiro termo, as solucións “ambiciosas e completas” plantexadas polo ministro en relación ao sector gandeiro. “Voume –dixo- coa confirmación de que co sector lácteo non se vai seguir xogando; que os produtores teñen o dereito de saber o prezo ao que venden o leite; que a industria ten a obriga de cumprir eses prezos e que a distribución non pode utilizar o leite como un elemento reclamo para vender outros produtos. Estou convencido de que a partir de setembro o panorama cambiará”.

Neste sentido, Feijóo referiuse ao bloque lexislativo completo que o ministerio trasladou á Consellería de Medio Rural e do Mar: “un real decreto que o Goberno aprobará en setembro –explicou- e dous proxectos de lei, un relativo á cadea alimentaria e outro dirixido a mellorar a estrutura da oferta no marco da cadea alimentaria”. Precisou que o real decreto “posibilitará que haxa contratos escritos entre os produtores e a industria; que os produtores saiban o prezo ao que venden o seu produto e que a industria se comprometa a cumprir o prezo do contrato”.

E afirmou que o texto suporá, por primeira vez desde fai moitos anos, solventar un problema e unha reivindicación obxectiva, “á que a Xunta se suma”, das organizacións gandeiras e das organizacións lácteas de produtores.

Feijoo recordou que mais do 40% da produción leiteira de España ten lugar nas 11.000 explotacións gandeiras da Comunidade galega e que é  evidente que estamos atravesando un momento moi difícil neste sector. 

Tamen na xuntanza entre Arias Cañete e Feijoo falouse dos problemas dos mariñeiros afectados polo acordo pesqueiro da UE con Mauritania, un tema trascendente do que terei que ocuparme no próximo debate da Deputación Permanente.

O presidente da Xunta resaltou a orde que ten previsto publicarse inmediatamente no BOE para dar seguridad aos mariñeiros afectados polo acordo da Unión Europea con Mauritania. “Son case 200 mariñeiros galegos os que van percibir unha axuda aproximada de 45 euros diarios ata o mes de xaneiro, para, de aquí a xaneiro intentar buscar outro acordo e outras condicións de traballo equilibradas entre Mauritania e a Unión Europea”.

E agradeceu “o non contundente” do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e do Goberno de España ao acordo con Mauritania, “un non contundente porque non beneficia a ninguén e prexudica a todos”.

Trala reunión co ministro Arias Cañete, Feijóo avanzou tamén o acordo para concretar as obrigas do Estado e as obrigas da Administración autonómica galega en materia de medio ambiente, tanto en infraestruturas hidráulicas como en infraestruturas do litoral como en infraestruturas relativas á calidade ambiental e á conservación de espazos naturais. “Estamos falando –precisou- dunha inversión de entre 550 e 600 millóns de euros. Estamos falando de acometer todas as infraestruturas pendentes nas grandes cidades de Vigo, da Coruña, de Ferrol, de Santiago, de Lugo, de Ourense e tamén doutras vilas como San Cibrao, na provincia de Ourense, Monforte, Sarria e outras localidades que detallamos nun documento que se remitiu á Xunta fai uns días e que hoxe negociamos e demos unha volta importante para a súa firma e posterior concreción no presuposto do Estado do ano 2013 e seguintes”.

O presidente da Xunta afirmou que avanzar nesta cuestión “é clave” e subliñou que Galicia quere nesta lexislatura finalizar as súas grandes infraestruturas hidráulicas.