martes, 21 de agosto de 2012

Boa colleita de cereal na Limia


Hoxe a edición ourensá do Diario La Voz de Galicia recolle unha boa nova  agrícola. 

Trátase da elevada produción e o alto prezo ao que se está vendendo o cereal na comarca da Limia.

Infórmase de que a  colleita é a maior dos últimos anos e ademais que o prezo do quilo está rompendo todas as súas marcas, alcanzando os 23 céntimos de euro.



Detrás deste aumento da colleita de cereal esta a favorable climatoloxía para este tipo de cultivos que deuse nesta comarca.

Xa o pasado 30 de xullo con ocasión dunha visita que fixen A Limia puiden comprobar os primeiros traballos de recolección e a gran altura das espigas. 





Oxalá que esta boa noticia para os agricultores, tamén repercuta na gandería que esta pasando dificultades polo elevado prezo dos pensos.