domingo, 3 de junio de 2012

Paso adiante das Comunidades Autonomas cara ao equilibrio orzamentario

O pasado venres o Consello de Ministros recibiu un informe do ministro de Facenda e Administracións Públicas, quen, en virtude da Lei de Estabilidade Orzamentaria, avanzou os datos de execución orzamentaria trimestral, en termos de Contabilidade Nacional das Comunidades Autónomas correspondentes ao primeiro trimestre do ano.

E así coñecimos que  as Comunidades Autónomas pecharon o primeiro trimestre de 2012 cun superávit de 14 millóns de euros fronte a un déficit de 8.090 millóns en 2011.

Aragón, Asturias, Baleares, Castela A Mancha, Castela e León, Cataluña, A Rioxa e o País Vasco acabaron os primeiros tres meses con superávit. Galicia pechou cun mínimo  adiante das Cdéficit do 0,19 %

Se non se teñen en conta as transferencias do Estado, as Comunidades axustaron o seu déficit en máis dun 40 por 100 ata marzo.

Segundo as primeiras cifras de avance, o resultado en Contabilidade Nacional do primeiro trimestre deste ano das Comunidades Autónomas arroxa unha situación de práctico equilibrio orzamentario, cun superávit de 14 millóns de euros, o que contrasta cun déficit de 8.090 millóns de euros, o 0,75 por 100 do PIB do primeiro trimestre de 2011.

Con esta positiva evolución ponse ás claras o compromiso de todas as Administracións coa Lei de Estabilidade Orzamentaria e os obxectivos marcados, como se evidenciou no último Consello de Política Fiscal e Financeira.

O Goberno comprometeuse desde o principio a axudar ás Comunidades Autónomas que cumprisen, e con estes datos demóstrase o efecto positivo que tiveron nas Comunidades as maiores transferencias que recibiron do Estado, tal e como se veu apreciando nos datos de execución orzamentaria do Estado coñecidos cada mes.