A vicepresidenta do Goberno en rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros celebrado hoxe recordou que mañá acaba o prazo para fixar a cantidade correspondente ao pago de facturas de provedores de comunidades autónomas. E que os pagos efectuaranse no último día deste mes de xuño.
Tamén coñecemos que catorce comunidades autónomas adheríronse ao mecanismo do pago a provedores.
Galicia non o fixo porque está ao corrente dos seus pagos e o País Vasco e Navarra polo seu réxime foral.
Segundo os datos fornecidos polos provedores, realizaranse pagos ás autonomías por, polo menos, un importe total de 16.980 millóns de euros, que se suman aos 9.263 abonados aos concellos.
Soraya Sáenz de Santamaría concretou que o número de facturas ás comunidades autónomas ascende a 3.774.681.
Destes pagos beneficiaranse 28.230 provedores. As persoas físicas recibirán 227.000 euros, as pemes case 6.400 millóns de euros e as grandes empresas case 10.000.
Tamén lembrouse como o Goberno xa pagou 9.263 millóns de euros aos provedores das entidades locais.
En total abonáronse 1.715.121 facturas pendentes a un total de 106.283 provedores, dos cales 36.904 son persoas físicas, 68.768 pemes e 611 grandes empresas.