Un proceso de recuperación da credibilidade

Despois da importante noticia económica de onte, era imprescindible escoitar ao presidente do Goberno.

E hoxe dixo, en comparecencia na Moncloa, que a decisión adoptada polo Eurogrupo de abrir unha liña de crédito de ata 100.000 millóns de euros para as entidades financeiras españolas que o requiran, posibilita que "volva fluír o crédito ás familias, aos emprendedores, ás pequenas e medianas empresas, aos traballadores e autónomos para que todos eles poidan desenvolver as súas iniciativas, manter ou crear as súas empresas e, ao mesmo tempo, crear emprego".

Resaltou que o sucedido onte,  forma parte dun "plan global de saneamento da economía española e da súa posta a punto para recuperar o crecemento e, por encima de todo, a creación de emprego". 

Ademais, demostra as vantaxes da cooperación dentro da Unión Europea, pois,  ao seu xuízo, "a máis Europa e a máis integración e máis apoio, sen ningunha dúbida, mellores resultados para todos".

Credibilidade:

Rajoy asegurou que se nestes cinco meses non gañásemos a credibilidade dos nosos socios, das institucións europeas e mundiais, o que onte se expuxo na reunión do Eurogrupo fose a intervención do Reino de España e non a apertura dun liña de crédito europeo para  recuperar a solvencia das entidades españolas que o requiran.

Esta liña de crédito, sinalou o presidente, "non ten condicionalidade macroeconómica para o noso país. Hai condicionalidade para quen recibe o crédito que son as entidades financeiras", que o terán que devolver.

A situación económica "era e segue sendo moi delicada" por iso, sinalou o presidente, estamos obrigados a seguir facendo esforzos para reducir a débeda, para continuar coas reformas e para sanear o sistema financeiro.

Mariano Rajoy  agradeceu "o comportamento exemplar e a madurez que están mostrando todos os españois" neste proceso de recuperación da credibilidade, a imaxe e a reputación da economía española.

Finalmente, subliñou que, aínda que vivimos unha situación moi difícil, o Goberno sabe o que hai que facer e está tomando as decisións para saír adiante e para recuperar o crecemento e o emprego.
Con la tecnología de Blogger.