Os problemas de BanKia no faladoiro de Radio Voz

Desde as 8,30 ata as 9,30 horas de hoxe participei no habitual faladoiro dos xoves en Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e na que comparto micrófonos con Francisco Jorquera e Laura Seara.
 
Un tema importante centrou o faladoiro: a próxima entrada parcial do Estado no capital de Bankia unha das catro principais entidades financeiras do país, cuns 10 millóns de clientes e uns 400.000 accionistas.

Dixen que era unha medida, solicitada polo novo xestor da entidade, diante dos graves problemas de solvencia que afectan á entidade e que o Goberno a pensaba atender coa a finalidade de protexer os aforros de millóns de ciudadnos e o crédito ás empresas..

Afirmei que a falta dos detalles que se coñeceran nas próximas datas a nacionalización parcial de Banco Financeiro e de Aforros (BFA), a matriz de Bankia, faríase mediante a conversión en accións dos 4.465 millóns que o Estado xa inxectara en forma de participacións preferentes a BFA, que non cotiza en Bolsa.

E que a súa concreción non só requirirá a autorización das autoridades españolas e europeas senón tamén un proceso de valoración que determine que parte queda o Estado e que parte conservan as sete caixas de aforros fundadoras do grupo.

Dixen que o Goberno quere dar unha mensaxe de tranquilidade aos depositantes de Bankia e garante a estabilidade do sistema financeiro e recordei qie Mariano Rajoy xa avanzou que no Consello de Ministros do mañá adoptará medidas para profundar no proceso de saneamento da banca co obxectivo capital de que volva o crédito pués sen este non hai investimento e sen investimento non hai crecemento nin emprego.

Lembrei que ese diñeiro público non é a fondo perdido, senón que é un préstamo con intereses que Bankia terá que devolver ao Estado como xa fixeron e seguen facendo outras moitas entidades financieiras de España, Europa e Estados Unidos.

Con la tecnología de Blogger.