viernes, 18 de mayo de 2012

Consenso de primeiro nivel entre o Goberno e as Comunidades Autónomas

Onte terminou dun xeito moi satisfactoiro o Consello de Política Fiscal e Financeira quen considerou que os PEF das Comunidades Autónomas de Andalucía, Aragón, Cantabria, Cataluña, Baleares, Comunidade Valenciana, Galicia, Estremadura, Madrid, Castela e León, Canarias, Castela-A Mancha, A Rioxa e Rexión de Murcia conteñen medidas idóneas, de aforro de gasto ou de incremento de ingresos para o cumprimento do obxectivo de Estabilidade Orzamentaria do 1,5% do PIB a 31 de decembro de 2012.

Pola contra, o PEF da Comunidade Autónoma do Principado de Asturias non obtivo a aprobación do CPFF porque se considerou que as medidas que propuñan non garantían o cumprimento dos obxectivos de estabilidade e, xa que logo, requiriuse á citada Comunidade a que elabore un novo PEF no prazo de 15 días naturais que será avaliado nun novo CPFF que se celebrará inmediatamente despois.

Galicia sera a comunidade que menos axustes en termos de déficit terá que facer, tan só 69 millóns de euros, o 0,4% do total. E a consecuencia de levar tres anos de vantaxe á maioría de autonomías.

Compre destacar o esforzo realizado polas Comunidades pois o conxunto de medidas de aforro de gasto e de incremento de ingresos contidas nos PEF alcanza a cifra de 18.349 millóns de euros (13.071 millóns de menor gasto e 5.278 millóns de maiores ingresos.

Estes PEF van ser os primeiros cuxo seguimento e aplicación vaise a realizar no marco da nova Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira. Esta circunstancia determina que os mesmos van estar sometidos a un estrito seguimento para garantir o seu cumprimento final.

Como complemento das medidas de seguimento, a Lei Orgánica de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira facilita mecanismos preventivos, correctivos, coercitivos e de cumprimento forzoso que reforzan a consecución dos obxectivos de estabilidade orzamentaria "o xeito de empezar a recuperación económica".

Ágora o reto e comezar a execución dos plans e a vixilancia por parte do Ministerio de Facenda, cuestión fundamental para recuperar credibilidade.

O Goberno mostrou o seu apoio para facilitar o financiamento das Administracións Territoriais con medidas que incrementaron a súa liquidez (Plan de Pago a Provedores, nova Liña ICO Vencimientos, adiamento a 120 meses das liquidacións dos anos 2008 e 2009, anticipos do 50% da liquidación do exercicio 2010, etc.), pero este apoio incondicional ten como condicionante o compromiso coa estabilidade orzamentaria.