sábado, 19 de mayo de 2012

Galicia: a Comunidade con menor deficit en España

Hoxe presididos por Alberto Nuñez tivemos en Santiago de Compostela, reunión do Comite de Dirección do  PPdeG no que abordamos as últimas novidades coñecidas o xoves no Consello de Política Fiscal e Financeira respecto ao déficit público das comunidades, aos axustes que esas cifras obrigan a facer á inmensa maioría das comunidades e ao panorama que ten Galicia respecto doutros territorios do país.

Con estas novas e as coñecidas onte, estamos en condicions de afirmar que Galicia acredita os mellores datos de control do deficit publico no Estado que e a consecuencia de que nesta comunidade se leva feito os deberes desde hai tres anos, a base duns orzamentos realistas, mantendo os pés no chan e levando a cabo medidas que permiten que a día de hoxe esta comunidade conte co déficit máis baixo de España.

Ao remate, en rolda de prensa, o secretario Xeral Alfonso Rueda, afirmou que estas políticas de austeridade permitiron non ter pechado hospitais públicos senón construilos novos, non ter que subir impostos, non ter que baixar o soldo aos funcionarios, non ter que pensar en poñer peaxes nas autovías que son gratis para os usuarios e outras medidas que xa están plantexando outras comunidades.

Para Rueda, trátase dunha magnífica noticia que acredita que queda blindado o gasto esencial que os populares sempre dixeron que ían preservar. Así, non vai facer falla aumentar o ratio alumno-profesor nas aulas, as taxas universitarias seguirán a ser as máis baixas de España e seguirán creándose novas prazas públicas en servizos sociais. De feito, 5.500 prazas xa foron creadas en gardarías, residencias e centros de día.

É posible, polo tanto, facer moitas cousas que noutras comunidades, debido á súa situación económica, non se pode. Nesta liña, Rueda apuntou que, sen dúbida, se o bipartito tivera continuado tralas eleccións de 2009, agora teríamos cifras similares as de Cataluña ou unha situación similar á de Andalucía.