miércoles, 23 de mayo de 2012

Melloras na conexión ferroviaria Madrid-Galicia

Onte no Senado e resposatndo a unha pregunta da senadora Dolores Pan, a ministra de Fomento, Ana Pastor, anunciou que o 17 de xuño comezarán a funcionar na conexión ferroviaria Madrid-Galicia os novos trens híbridos, denominados Serie 730, que incorporarán á liña algunhas prestacións da alta velocidade ata a chegada definitiva do AVE.

Sinalou que estes trens son o resultado da transformación de 15 unidades do parque dispoñible da Serie 130 e engadiu que na súa fabricación investíronse 78 millóns de euros.

Así con esta posta en marcha, os tempos de viaxe previstos entre ambas as comunidades reduciranse considerablemente, quedando do seguinte xeito:

- Madrid-Ourense: 4 horas e 48 minutos (actual 5:20)
- Madrid-Santiago: 5 horas e 36 minutos (actual 6:07)
-Madrid-A Coruña: 6 horas e 8 minutos (actual 6:40)
- Madrid-Vigo: 6 horas e 25 minutos (actual: 7:15)
- Madrid-Pontevedra: 7 horas (actual 7:57)

Ademais, o número de prazas diarias ofertadas por tren aumentará de 440 a 528.

Tamén a ministra recordou, en resposta a outra pregunta do grupo socialista no Senado, o impulso que recibiu a liña de alta velocidade Madrid-Galicia nestes cinco primeiros meses do ano.

Salientou que por unha banda, adxudicáronse contratos por importe de 1.134 millóns de euros e por outra, licitáronse tramos por un importe de 927 millóns de euros.

Ademais, Pastor destacou o esforzo investidor para o AVE a Galicia e o Eixo Atlántico, reflectido nos Orzamentos de 2012, o que demostra o compromiso do Goberno con estas dúas infraestruturas.

Sen dubida, boas noticias,