Onte rematou en Compostela o importante encontro organizado pola fundación Konrad Adenauer, ligada á CDU, o partido de Ángela Merkel e no que entre outros participaron o ministro de economía e competitidade, Luis de Guindos; a vicepresidenta do goberno, Soraya Sáenz de Santamaría; o titular alemán de finanzas, Wolfgang Schäuble e o presidente do parlamento alemán, Norbert Lammert.
O ministro Schäuble non escatimou eloxios para o goberno de Mariano Rajoy calificando as medidas reformistas adoptadas como "verdadeiramente impresionantes" engadindo que España está na senda correcta e que teñen plena confianza no país porque está dando os pasos axeitados. Declaracións que neste momento son de extraodinaria importancia.
Tamén nesta reunión, na que estivo presente o presidente Alberto Núñez Feijóo foi salientada a contribución de Galicia a estabilización das contas públicas do Estado.
É unha satisfacción que se recoñeza neste foros o esforzo feito pola Xunta para acadar unhas contas públicas saneadas que nos fan máis fiables ante os mercados financeiros e que sexamos un exemplo en xestión orzamentaria para outras comunidades autónomas.