Eurocidade Chaves- Verin: un excelente exemplo de cooperación transfronteiriza

Hoxe estiven presente como invitado nos actos de inauguración da nova sede da Eurocidade Verín- Chaves que tivo lugar no edificio da vella aduana de Feces de Abaixo.

As orixes desta Eurociudade veñen do movemento de cooperación institucional e territorial iniciado en 1991 coa constitución legal da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal e, en 1992, do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular.

En xullo de 2007, coa entrada do municipio de Verín no Eixo Atlántico, arrincou este ambicioso proxecto, que foi impulsado desde os seus inicios polo Eixo Atlántico, o Goberno de Portugal, a Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense.

Veño seguindo desde a súa orixe este pioneiro proxecto na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e recordo perfectamente cando o 19 de xaneiro de 2009 primeiro no Concello de Verín e logo na Cámara Municipal de Chaves asistía á presentación do proxecto de eurociudade a deputados da Asemblea da República de Portugal e a deputados e senadores da provincia de Ourense.




Desde logo podemos sentirnos orgullosos desta iniciativa de cooperación transfronteiriza na que xogaron e xogan un papel destacado os grandes alcaldes de ambas as duas localidades Joao Martins Batista e Juan Jiménez Moran


A Eurocidade esta sendo un instrumento útil para mellorar a calidade de vida dos seus veciños: Hospitais, instalacións termais, Escola de música e danza, Universidade Trasosmontes, Escola Superior de Enfermería, Polígonos industriais, Bibliotecas Municipais, Museos, Complexos deportivos. Dinamización económica e social tan necesaria neste tempos.




E é xusto e procedente destacar o impresionante traballo a prol da Eurocidade que realizou Maria do Carmen Pardo, a hoxe Secretaria Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia e antes primeira tenente alcalde de Verin, ao que hoxe tiven ocasión de saudar e felicitar.

Pechou este acto inaugural o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se referiu á Eurocidade Chaves-Verín como a demostración inequívoca de que existe un modelo baseado na cooperación, que axuda a resolver eivas e abrir novas oportunidades, e propuxo aplicar esta fórmula a calquera ámbito de xestión para saír da crise.

Parabens e moito "éxito - sucesso" no futuro aos verinenses e flavienses, todos eles "eurocidadáns"
Con la tecnología de Blogger.