lunes, 30 de abril de 2012

Entra en vigor a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira

Mañá 1 de maio entra en vigor a Lei de Estabilidade Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, que converte a España no país máis avanzado de Europa ao establecer o principio de estabilidade orzamentaria no seu ordenamento xurídico para todas e cada unha das administracións e empresas públicas. Polo tanto unha lei de extraordinaria trascendencia.

O Goberno de Mariano Rajoy asume sen vacilacións a súa responsabilidade constitucional de coordinar a política económica do conxunto das Administracións Públicas con esta Lei, a primeira que aproban as Cortes Xerais nesta Lexislatura. Ademais, durante o seu trámite parlamentario incorporou o respaldo dalgún dos grupos nacionalistas, así como o apoio de todas as Comunidades Autónomas e Corporacións Locais.

Hoxe para explicar o alcance da Lei compareceron dous altos cargos do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Segundo a secretaria de Estado de Orzamentos, a galega Marta Fernández Currás, "o principal problema da economía española é o seu financiamento e, por iso, as Administracións Públicas deben corrixir canto antes os seus desequilibrios para así permitir e deixar espazos ao financiamento dos emprendedores".

Pola súa banda o secretario de Estado de Administracións Públicas, Antonio Beteta, afirmou "este Goberno, desde o principio, dixo que non vai deixar caer ningunha comunidade porque todos somos Estado, e tomou moi destacadas medidas para darlles liquidez: adiantou os pagos a conta, diferiu en 10 anos as devolucións e estableceu un mecanismo sen precedente de pago a provedores das administracións territoriais".

Coincidindo coa súa publicación no BOE, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas edita un vídeo explicativo sobre a Lei de Estabilidade Orzamentaria que se pode ver desde a súa páxina web.

http://www.minhap.gob.es/es-ES/Prensa/En%20Portada/2012/Paginas/VideosLeydeEstabilidad.aspx